|
Resulta que esta semana certos responsables políticos deixaron ben claro de que modo se elixen as persoas que van a compoñer as listas de cadanseu partido para os comicios municipais. En primeiro lugar, búscanse persoas que cumpran cun determinado perfil, a saber; Deben ser persoas dispostas a dicir que si as cousas mais inverosímiles, as súas extremidades superiores deben estar sans para poder erguerse cunha simple mirada do “xefe de filas” do alcalde, que debe confiar plenamente en que non vai existir debate algún nas súas posturas. Deben ser persoas dispostas a aceptar as maiores estupideces polo ben do partido. Persoas que carezan de espírito crítico, de cerebro baleiro ou case, sen ideas propias, sen capacidade para facer propostas. Levantadores de dedo en definitiva. Pero este mes de Maio trouxo algo mais que flores a este concello do que falo. Este pasado mes de Maio un membro dun deses bloques monolíticos denominados partidos políticos municipais decidía, e votaba o revés dos demais. Coma na fabula do patiño feo o resto de membros da “manada” mirárona mal, falaron mal dela e incluso pensaron en que era tan obtusa, tan pechada de mente que seguro que se equivocara. “Ou o mellor lesionou o ombreiro” dixeron. Parecía tan imposible que alguén mudase de idea, que alguén estivese disposta a tomar decisións propias. Claro. A falla de costume ralentizou a reacción dos partidos e o “ xefe ” desa librepensadora e a xefa do compañeiro de viaxe do goberno decidiron insultar, vexar, inxuriar e menosprezar a esa persoa. "Vendeuse”, dixeron “seguro que non foi de motu propio”, “probablemente esta enganada” aseguraron. Pero non. A decisión demostra o engano perpetuo no que nos fan caer. Si esta persoa era tan nula, tan inepta, tan inadecuada, o foi xa para exercer coma membro dunha lista e seguro que o foi para pertencer a un goberno municipal coma concelleira (concelleira de nada a bo seguro). E si “se deixou comprar” ... seguro que foi porque non lle ofreceron o mesmo “pago” que o resto dos seus compañeiros. O mellor, digo eu, simplemente se comparou cos outros, cos que se sentaban con ela e erguían a man a cando ela, e decidiu que non era xusto. Que nin ela nin ningún dos seus seres mais queridos estaban a recibir nada a cambio de tanta exposición, de tragar tanto. E o mellor, digo eu, decidiu que as veces vale a pena ter ideas propias. E por unha vez decidiu que a súa man non se erguese no ceo a demostrar cal estúpida é a política municipal, e cuan inútiles a maioría dos seus practicantes. Columas anteriores Máis información
|