Festa Solidaria en Concurbión A Festa Solidaria do I Maio Solidario de Corcubión, organizado pola Universidade Popular de Corcubión xunto coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade da Xunta de Galicia, que fora suspendida o día 30 de maio por mor das inclemencias metereolóxicas, será celebrada este venres 13 de xuño e correrá a cargo dos grupos Aló Djangó e Os Chiquilicuatres. Pasen a ver un par de vídeos das bandas, e xa verán que divertidos. Semana Cultural en Carnota O mesmo venres tamén haberá festa por Carnota, onde continúa a Semana Cultural. A Escola Municipal de música non irán ao tradicional e tocarán varias pezas de jazz e outras músicas contemporáneas. Tamén participarán os mestres do concello, que cantarán un tema dedicado a Carnota. Para rematar a noite, o grupo Coro-rondaia porá o fin de festa. Ciclo de cine de Corme A asociación de veciños Eduardo Pondal de Corme continuará mañá co seu ciclo de cine dedicado a Carlos Gardel coa proxección da película Costa abaixo, rodada en 1934 por Louis J. Gasnier. Maxia en Cee Hoxe, venres 13 de xuño comeza o programa Vai de Camiño na bisbarra cunha xornada lúdico-festiva en Cee na que terá lugar un espectáculo de rúa basado nas técnicas circenses e de malabares. Será a partir das 18.30 horas na Praza da Constitución. A xornada terá o seu broche de ouro cun festival de maxia no que participarán catro dos grandes magos do panorama galego: Martín Camiña, Kiko Pastur, Meigo Benxamín e Román García. O espectáculo dará comenzo ás 21.00 horas no Salón de Actos do Concello de Cee. Os Marx en Vimianzo A Asociación Xuvenil Cherinkas organiza un novo Ciclo de Cine na vila de Vimianzo. Constará de dúas sesións repartidas en dous días. Serán os próximos sábados 14 e 21 de Xuño de 2008, a partir das 20:00h no Centro Social da capital soneirán. O Ciclo de Cine, na súa xa sexta edición, ten como temática o humor e nada mellor que os Irmáns Marx para representalo. Así entón, o día 14 se proxectarán as películas: "Os Catro Cocos" e "Sopa de Ganso"(previamente, Míchel deleitará aos presentes cun coloquio sobre estes ilustres personaxes). E o día 21, "Un día nas carreiras" e "Unha noite na ópera". Charla de xénero en Corcubión A charla "Recursos galegos en materia de violencia de xénero", organizada polo Concello de Corcubión, en colaboración coa Subdirección Xeral para o Tratamento dá Violencioa de Xénero, que depende da Secretaría Xeral de Igualdade, inserida en Vicepresidencia, terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión acollerá o sábado 14, de 17.30 a 19.30 horas. Exhibibión de baile en Corcubión O Pavillón de Corcubión acolle este próximo domingo 15 de xuño a exhibición de baile de salon que cada ano tiña lulgar no de Cee. A directora de Arte e Movemento, escola de baile de salon, Graciela Toba, cóntanos algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo do día.
Muxía presenta A herencia do Tío Pedro A Escola Municipal de Teatro actuará o sábado e o domingo no Edificio de Servizos Múltiples A Escola Municipal de Teatro de Muxía presenatará este sábado 14 de xuño de 2008 a súa nova obra "A herencia do tío Pedro". A obra, que terá lugar no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples de Muxía, repetirase o domingo, tamén ás 21:30, para que os que non poidan acodir o sábado teñan unha segunda oportunidade. Xantar de despedida do ACB Costa da Morte O clube ten pensado para este domingo 15 de xuño e como despedida da tempada, unha comida campestre, isto é, u8nha boa churrascada, para toda a familia do baloncesto da comarca (directivos, adestradores, xogadores e familiares). A festa empezará ás 12.00 da mañá e finalizará á tardiña. O lugar de celebración será o campo de San Pedro de Redonda en Corcubión. Se o tempo se prevé malo para o domingo o xantar trasladarase ao sábado. Orquestras en Buño A localidade malpicá acolle a actuación do Grupo Acuarela e da Orquesta Olympus. Mazaricos Hoxe venres, Mazaricos acolle a actuación da banda de música de Valla e as pandereteiras de Arcos. Clausura en Mazaricos A vila xalleira xuntará e despedirá a todos os participantes das escolas deportivas e culturais o sábado 14 de xuño á 17:00, na Casa da Cultura de A Picota. Fonte
|