doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Merexo acusa a Pesca de mentir ao Valedor do Pobo e ao litoral galego  Correo-e
viernes, 13 de junio do 2008

O Plan Acuícola segue sendo un quebradizo de cabeza para os veciños da Costa da Morte. Se por Quilmas descubrían onte un novo vertido de pensos, hoxe por Merexo andan con papeis. Con papeis e respostas das consellerías ao Valedor de Pobo (que xa tardaban), algo incongruentes entre elas ademais.

O primeiro punto que destaca a Plataforma Veciñal de Merexo é unha mentira, i é que segundo unha carta da Subdirectora de Recursos Mariños e Xestión Administrativa da Consellería de Pesca ao Valedor do Pobo, no periodo de exposición pública do plan (...) non se presentou ningunha alegación ou notificación individual a nome de Antonio Devesa Castiñeria nin da Plataforma da que actúa como voceiro. Tampocuo consta que se presentasen 3.000 sinaturas en relación co parque de Merexo. Estas aseveracións non deixan tranquilo ao propio Antonio, que as tacha de puras mentiras, xa que o Tribunal Superior de Galicia ten admitido a trámite o recurso contencioso administrativo, presentado con motivo da resposta dada pola conselleria de Pesca as alegacións da Plataforma, para a súa resolución pola vía do contencioso-administrativo.Image 

No tocante á resposta da consellería de Medio Ambiente ao Valedor, a Plataforma atopa varias puntos de descoordinación e falta de seriedade en tanto que o mesmo Directo Xeral de Conservación da Natureza enviaba esta "Nota Interior" ao Secretario Xeral de Medio Ambiente con respecto á queixa do valedor:

A granxa acuícola de Merexo está incluida no "Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega" (...), mediante o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22/06/06 supéndese este Plan para aqeulas instalacións ubicadas na rede Natura 2000. Con relación á granxa mariña de Merexo non existe constancia nesta Dirección Xeral de que se teña iniciado ningún procedemento de solicitude de ampliación.

Argumentos

Falando de argumentos, do por que é mellor unhas zonas que outras, repasando nos papeis recibidos, a Plataforma Veciñal de Merexo atopa varias frases de traca: E preferible concentrar as instalacións en zonas xa alteradas.... E listo.

Continúa o proceso xudicial

Todos estes descubrimentos incluiranse na documentación do informe que a asesoría xurídica da Plataforma Veciñal de Merexo está a elaborar co fin de facerllo chear ós tribunáis á maior brevidade. A Plataforma segue ademais nas trece de esixir a retirada inmediata do Plan de Acuicultura, como outra grande parte do litoral galego. Escoitarannos dunha vez?

Nota de prensa da Plataforma de Merexo

Image 

A Plataforma Veciñal de Merexo vén de denunciar a descoordinación, a falta de seriedade e a incompetencia máis absoluta das Consellerías de Pesca e de Medio Ambiente ás portas da pretendida aprobación do Plan Galego de Acuicultura.

Os veciños de Merexo acudimos no seu día ó Valedor do Pobo para que investigase o procedemento de aprobación do Plan Galego de Acuicultura. Gracias ó traballo feito por dita institución, vimos de confirmar o que xa nos temíamos:

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos minteu sen ningún pudor ó Valedor do Pobo cando sen miramento algún afirma que os veciños de Merexo non presentamos alegacións ó Plan e, ainda máis, cando declara formalmente “Tampouco consta que se presentasen 3.000 sinaturas en relación co parque de Merexo”.

O outro razonamento da consellería de Pesca tampoco ten desperdicio: “E preferible concentrar as instalacións en zonas xa alteradas...” , referíndose ó pobo de Merexo coma se fose unha zona industrial. Unha mostra máis de que dita consellería non ten escrúpulos de ningunha clase facendo prevalecer os intereses da empresa noruega Prodemar porriba dos dereitos dos habitantes de Merexo que quedaríamos rodeados por 270.000 metros cadrados de formigón. Algo intolerable cando se está a falar, por exemplo, do traslado de empresas coma Ence fora da ría de Pontevedra para recuperar o entorno, pásase polo “arco do triunfo” a Ría de Camariñas e Muxía.

O remate da incompetecia queda patente tamén na respota da Consellería de Medio Ambiente ó propio Valedor do Pobo cando se indica “con relación á granxa mariña de Merexo non existe constancia nesta Dirección Xeral que se teña iniciado ningún prodecemento de ampliación”, sendo que dita ampliación é de dominio público desde que se expuxo este “maldito” Plan que nos ten en pé de guerra dende fai un ano.

Continúa o proceso xudicial

Por todo elo, anunciamos a inclusión de desta documentación no informe que a asesoría xurídica da Plataforma Veciñal de Merexo está a elaborar co fin de facerllo chear ós tribunáis á maior brevidade. Así reclamamos tamén a atención de opinión pública para que tome conciencia de que estamos ante unha proba máis da actitude autoritaria, marrulleira e intolerable da Xunta de Galicia ó respecto dun Plan Acuícola que se pretende aprobar pola fórmula de “¡¡¡porque lo digo yo!!!”

Finalmente, ante a evidencia de ditas irregularidades, esiximos a retirada inmediata do Plan de Acuicultura, reiterando pediremos responsabilidades xudiciais a todas aquelas institucións e ós responsables do mesmo.

Novas relacionadasImage

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com