|
Juan Pérez Castiñeira pregunta polas axudas por cada neno nado en Camariñas |
Correo-e
|
|
domingo, 15 de junio do 2008 |
|
Recibiamos estes días unha carta ao director, mali que maís ao director, ía dirixida ao alcalde e Camariñas. Non sabemos como está aquelas axudas que prometera o PSOE camariñán por cada neno nado no concello, que ascendían a 1.200 euros, pero semella que non todas chegaron. Así o apunta Juan Pérez Castiñeira, que envía esta carta para preguntar que é o que sucede. Carta ao director As promesas de apoio á maternidade en Camariñas Nas pasadas eleccións municipais o actual alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso de León, Pichurri, prometeu axudas de 1.200 euros por cada neno nado. Logo de máis dun ano de mandato os pais e as nais deste concello seguimos sen ver cumprida a promesa e como a propaganda enganosa de moitos produtos agora díllenos que ese diñeiro non é anual senón que se reparte en 300 euros cada ano. Ademais de criticar este cambio, que é unha fraude a moitos pais que lle votaron por este anuncio enganoso, vai un ano vencido e non se sabe se se incluirá a parida no actual orzamento. Ao ser pai dun fillo nacido no ano das eleccións, reclamo que todos os nados no 2007 teñan dereito a esta axuda e que se cumpra así polo menos parte da promesa electoral aínda que con estas esmolas non imos deter a perda de poboación en Camariñas nin na comarca. - Juan Pérez Castiñeira. Ponte do Porto.
|