|
A bitácora da semana (XII): O Galinheiro de Galinus |
Correo-e
|
|
domingo, 15 de junio do 2008 |
|
Algo corporativistas tamén hai que ser de vez en cando, e mais cando a propia empresa traballa así de ben. Hoxe quedámonos por Corcubión para amosar un pouco o traballo da casa que crea da vida a este diario. A empresa Galinus vén sendo un referente mundial, e digo ben, no campo da usabilidade, un concepto que define a comodidade e a eficacia dunha páxina web. Pero o seu traballo non fica na rede e en facilitar a utilización do mundo submariño, senón que a súa involucración coa bisbarra é total. Aí están, por exemplo, realizando unha colaboración coa Radio Nordés, na que cada luns, cara ás 13:20, Xabier Calaza e a súa Aranheira tráennos "a cara amable das novas tecnoloxías". No Galinheiro, os membros de Galinus dan un repaso a actualidade internáutica mundial, ao tempo que comezan con camañas creativas para o noso país. E aí está ese sinal de perigo coa Semiótica: perigo! senhoras vestidas de negro na calçada. Anden a modo e miren ben, que as señoras agáchanse tras da farolas e aparecen cando menos o esperas, e non as ves!. Bitácoras anteriores Fonte
|