Luns, 05 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O Porto de Suso: Os recordos  Correo-e
domingo, 15 de junio do 2008

Hai veces, moitas veces, que os recordos, son unha pesada carga nas almas mais fortes. Non hai maneira de que, a pesar de esa fortaleza da que facemos gala ante o mundo que opina e xuzga, os recordos nos dean tregua, pra poder ser o que noutro tempo fomos; seres felices e ilusionados, e fortes ante as adversidades. Os recordos están por todolos lados; unha marca naquela pedra, un sonido do vento, un olor, unha cama...un pensamento.Image

Millor sería, se tratásemos de fuxir de eles, cambiar de continente, cambiar de idioma, cambiar de todo, e ainda así, seguramente eles, os recordos, perseguirante, ainda que te escondas no mismo inferno, porque ao fin e ao cabo, é no mismo inferno, donde eses recordos te situan. Cando cai a noite, xa sólo se oi o mar neste pequeno lugar. As veces, pero solo as veces, oise algunha risa, pero igual ca o fume, pronto desaparece pra deixar paso de novo o silencio e o roncar do mar. E aos recordos. Os recordos, que coma mar embatindo contra o granito da costa, van, pouco a pouco, pero irremisiblemente, desgastando as personas, e os sentimentos, que nas personas, morren igual de pouco a pouco ca ese embate. E sólo hai soledade. Porque ese lento embate, fai que a xente sea consciente do desgaste que en cada un se vai operando, fai que a xente, impotente, vexa dia a dia o seu destino irrevocable.

Os malditos recordos de tempos felices. Os malditos tempos felices que tan cercanos están, que é eso mismo, a sua cercanía, o que os fai tan lonxanos, tan irrecuperables. Unha casa derruada, un petador sin brillo, un rodoendro seco, unha bombilla fundida. A decadencia do entorno. Un estanque sin peixes, unhas violetas mortas, un xardín abandonado. Somos nós os que morremos xusto despois de morrer o noso entorno. O abandono. As palabras, e as promesas, e o sol que volve a salir polo mismo sitio, pero que xa non quenta. O abandono de un mismo deixandose ir, arrastrado polos recordos.

Columnas anteriores

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com