 Xa recordabamos hai un tempo o proxecto da Compañía do Ruído, un proxecto que vai moito máis alá do eido musical e que chega a involucrarse no desenvolvemento social e mesmo político do concello de Riveira, onde nace todo este movemento do ruido. O xerme da Compañía está en estes 4 mozos, Nando, Alberto, Llon e Suso, que serven de fonte de inspiración e de probas para que a Compañía ao completo teña máis fácil o ensamblado final. Todo baixo esa xa mítico lema do "Só existe ruido". Tivemos a sorte de disfrutar dos Chiquilicuatres, que andan presentado o seu traballo "Delitos de Autor" polas tabernas e rúas do país, o pasado venres 13 de xuño de 2008 en Corcubión, na Festa Solidaria artellada pola Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión", que xuntaba na prazoleta a unha morea de xente, malia que a verdade non tanta como se agradaba, pero suficiente para montar unha boa troula. Aquí vemos unha das festas de Riveira.
Festa en Corcubión A festa comezaba co grupo santigués Aló Djangó, e continuaba coa aparición da festa desta banda da Barbanza. Bailouse arreo e ata os 3 supervivientes (Llon, cunha gastroenterite de cabalo vomitano polas esquinas, tivo que voltar a Riveira coma un tigre) baixaron ao piso, e a festa seguíu un bo rato, coa axuda dun Dro que segue a ser a alma da festa corcubionesa. O bombo de Suso, a gaita de Alberto, o clarinete de Nando e o yembé de Dro mantiveron aberta a festa durante un ratiño máis para o deleite da encantadora praciña. A noite continuaba na Gavilla, un deses lugares de culto que fai especial á noite desta pequena vila, e os Suso, Alberto e Nando puideron ver porque, e mesmo nos deleitaron cunhas pezas coa flauta e co clarinete. Puidemos falar relaxadiños con eles, que tanto terían que compartir da súa labor pola comarca de Ribeira. Aquí vai unha mostra da troula que lían estes tíos polas rúas da Pobra, desta volta:
Viaxe cultivadora Estes catro artistas viron como cambiaban as súas vidas tras unha viaxe polas illlas británicas durante o verán pasado, co único sustento que a fragoneta e a súa arte. Así, baixaban no primeiro pueblo, sacaban a chapela e a gañar cartos para comer algo e para ghasoliña, e así de pueblo en pueblo. O primeiro día tocas na rúa, pero para o segundo xa tes unha taberna, dende onde xa te poñen en contacto con outra do pueblo seghuinte, e así durante3 ou 4 meses, tocando e aprendendo, que nos conta unha das almas de toda esta historia, Suso Bello. Bastantes Llon Precisamente Suso Bello, que vemos co bombo, é o presidente da Asociación Bastantes LLon, que encadra a case que 30 bandas de música da Barbanza (xa nos gustaría ter un cuarto de tantas na Costa), e que ne breve sacará a súa bitácora a andar. Bastantes Llon leva tan só 8 meses viva pero a súa influencia na comarca é notoria. Foi creada para contrarrestar a negación por parte dun concello que non quere sen coartar a evolución cultural dunha comarca de artistas. Multas inverosímiles por tocar na rúa e mesmo agresións de concelleiros non crearon senón un sentimento de necesidade de combatir a política restrictiva, que sería rebatida a base de ruido. "Só existe ruido" é o nome do primeiro EP da Compañía, aló polo 2003, pero é ademais a filosofía da asociación. Ante a restrición, respondemos con ruido, pero con ruido de creación, que apunta Suso. O concello amenaza publicamente a música na rúa, Bastantes Llon organiza un curso de grafiti; o concello emite un comunicado, e nós aos 3 días sacamos unhas xornadas de axudas aos discapacitados. Pero non fican agardando o permiso do concello, e cando hai que pedir unha instancia máis arriba para calquera evento ou curso, mandan unha carta á Deputación, á Xunta, ao Goberno, onde faga falta para non ter que depender das decisións dun goberno que, incomprensiblemente, se opón á evolución deste bonito movemento social e cultural. Canto teñen que compartir estes homes da súa evolución e da súa teima por cambiar a vida política e social da súa comarca. Non será por asociacións na Costa da Morte, e aí están as case 250 que xa están apuntadas para participar do Grupo de Desenvolvemento Rural número 26 da nosa bisbarra, pero faltan esa clase, esa clase de grupos punzantes, que se oian, que participen na loita contra o control dos concellos, que moitas veces se opoñen ao devir cultural, por mor dun imperdoable medo ao cambio. Vide máis veces, vaia, e traede todo ese saber, esa experiencia e esas gañas de loitar por esta bisarra nosa ás veces demasiado tranquila. Este é o videoclip do último traballo dos Chiquilicuatres, Delito de autor. Dinlle por aí: Concerto moi animado, divertido, e sobre todo festeiro!!! Coma sempre Os Chiquilicuatres na súa liña.
Festa da Chuvia Outra das iniciativas de todo este movemento socio-musical é a Festa da Chuvia, que nace como resposta natural a unha negación, á eficaz prohibición pola forza do dereito á expresión, e nace coa intención de abrir un espacio no que potenciar, formar e mostrar a capacidade da xente para apretar un collón co outro cando se precisa.. Hai 5 anos que se desenvolve este festival ten lugar en Riveira, xa referente en todo o país, aló polo mes de marzo, que non frea polo tempo: se chove, que chova, que para iso estamos en Ghalisa. Máis información Grupos anteriores Fonte
|