doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O recuncho da Costa (XXXIV): O Esteiro do Anllóns dende o mirador das Agrelas  Correo-e
domingo, 15 de junio do 2008
Image

Imos ata Cabana de Bergantiños, ata As Grelas, dende onde hai unha preciosa vista da Ensenada da Insua, a ensenada do Lodeiro, coa Punta de Vallarés aló enfronte,e pa fermosa praia de Valarés agochada ao fondo. A Barra, esa fermosa lingua de area, fecha o paso das augas mariñas e conforma un hábitat particular para a vexetación dunar, mentres que a area sobe levada polo vento formando o Monte Branco, outro xa que en Camariñas está o seu homónimo, chamado a ser a duna máis lata de Europa. Como nos gusta iso do "máis de Europa".Image

Para disfrutalo en toda a súa plenitude, podemos dar unha volta tranquiliños polo acondicionado (se cadra de mais) Paseo Marítimo de Cabana.

A zona vén sendo o esteiro do río Anllóns, que antes, en Ponteceso forma unha marisma de características especialmente favorables para a cría e descanso de aves coma gaivotas, cercetas, gavitas e cormoráns. O auga mestúrase coa area aquí na ensenada do Lodeiro, deixando unha imaxe, que malia que o tempo non acompañase desta volta, deixa conta da súa fermosura.

Como chegar

Partimos de Baio, e antes de cruzala ponte do río Grande se baixamos de Carballo dirección Fisterra collemos o desvío á dereita cara a costa, cara Laxe, Cabana e Ponteceso. TIramos e tiramos e chegamos ao cruce que se desvía cara Laxe. Nós collemos á dereita cara Ponteceso. Tiramos e tiramos e chegamos ao cruce que se desvía cara Laxe. Nós collemos á dereita cara Ponteceso e a 200 metros xa atopamos o mirados das Agrelas a man esquerda. A disfrutar da vista.

ImageImage 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis información

Outros recunchos

Vídeos de Francisco Santiago lópez

Outros vídeos

Fonte

  • Fotografía de Xabier Calaza.
  • A imaxe satélite foi sacada co Google Earth e extraida do blog Ateneo Fotográfico.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com