Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Vimianzo presenta a súa programacion deportiva e cultural para este verán 2008  Correo-e
lunes, 16 de junio do 2008

Os cocnellos da bisbarra van enfocando as súas actividades cara o verán. A Concellaría de Benestar Social, Promoción da Igualdade, Cultura, Deporte, Xuventude e Ensino do Concello de Vimianzo presenta a programación deportiva e cultural para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Teatro, campamentos, obradoiros, cine, etc espallan as actividades de ocio por todas as parroquias do Concello.

Deste xeito, a programación cultural estará conformada polas seguintes actuacións e actividades:Image

  • Domingo 22 de xuño: Contador;
    A Praza do Concello acollerá este Contador, un cubo de tres metros de lado, instalado en espazos públicos de trinta localidades de Galicia, no que se elabora un conto colectivo. Partindo dun comezo provisto polo propio Contador, cada participante narra unha parte da historia coa única referencia do fragmento de relato inmediatamente anterior, o que pode dar lugar a derivacións máis ricas e divertidas.
  • 23 e 24 de xuño: Obradoiros de plastilina;
    Terán lugar na Biblioteca Pública Municipal, o 23/06 para nenos e nenas de 3 a 5 anos, e o 24/06 para os 6 a 8 anos. De 17:00h a 18:30h.
  • 25 e 26 de xuño: Obradoiro de marcapáxinas;
    Terán lugar na Biblioteca Pública Municipal, o 26/06 para nenos e nenas de 3 a 5 anos, e o 27/06 para os 6 a 8 anos. De 17:00h a 18:30h
  • Do 30/06 ao 04/07: Murais pola lingua;
    Escolle una parella, deseñade e pintade un mural sobre o galego e gañade a inscrición gratuita no campamento de verán.
  • Cinema na rúa;
    - Sábado 19 de xullo: Pequena Miss Sunshine;
    - Xoves 24 de xullo: Unha noite no museo;
    - Domingo 7 de setembro: Eragon.
  • Domingo 3 de agosto: Maxia:
    Co Mago Dani García na Praza do Concello a partir das 20:30h.
  • 9 e 10 de agosto: Bandas de Música;
    Banda de Cee e Banda de Negreira, dende ás 13:00h na Praza da Igrexa.
  • Teatro de rúa:
    Sábado 9 de agosto: Os quinquilláns e No fondo do mar, na Praza da Igrexa a aprtir das 22:30h;
    Domingo 10 de agosto: As dríadas e Move-t, a partir das 20:00 na praza do Concello.
  • Do 08/09 ao 19/09: Curso de monitor de tempo libre;
    Homologado pola Xunta de Galicia para Maiores de 18 anos.
  • Curso de Informática no Telecentro: Cursos de Internet e Ofimática durante todo o verán.

A programación deportiva estará conformada polas seguintes actividades:

  • Sendeirismo:
    - Sábado 28 de xuño: Mazaricos-O Pindo;
    - Sábado 23 de agosto: Ruta por determinar.
  • Campamento urbano: Do 14/07 ao 18/07 para Nenos e nenas de 5 a 12 anos.
  • Cursos de natación na Piscina municipal: Do 22/07 ao 06/09 para nenos A partir de 5 anos.
  • Piragua:
    - Xoves 12 de xullo, polo Río Grande, a partir de 12 anos;
    - Do 26/07 ao 27/07, polo Río Sil, a partir de 15 anos.
  • Curso de tiro con arco: no Pavillón polideportivo de Vimianzo do 28/07 ao 01/08.
  • Xogo "Na busca do tesouro":
    Venres 1 de agosto, para nenos a partir de 15 anos. Xogo de pistas no que os participantes Terán que utilizar o seu inxenio e as súas habilidades para atopar un tesouro.
  • Aula de pesca:
    Do 01/08 ao 02/08 polo Río Grande (Pasarela). Organizada en colaboración coa Asociación de Pesca Deportiva Neria.
  • Xogos deportivos nas parroquias: Do 04/08 ao 29/08.
  • Campamento de verán:
    Do 12/08 ao 13/08, Actividades multiaventura e actividades acuáticas.
  • Aquapark de Cerceda:
    Luns 18 de agosto, para nenos de 6 a 17 anos.
  • Campus de Fútbol Municipal;
    Do 25/08 ao 29/08 para as Categorías alevín e infantil.
  • Bautiso de buceo:
    Venres 22 de agosto na piscina municipal, a partir de 15 anos. A primeira inmersión con botellas de osixeno.
  • Ruta BTT:
    Sábado 30 de agosto, para xente a partir de 15 anos. Organizada en colaboración co Club Ciclista Eibike.
  • Torneo de fútbol sala nas parroquias: - Do 21/07 ao 22/08: Alevín;
    - Do 25/08 ao 19/09: Infantil.

As persoas interesadas poden inscribirse a partir da semana que ven. Poden atopar máis información e a cartelaría das actividades no blog do Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo.

Fonte

  • Nota de prensa do Técnico de Normalización Lingüística do Concello de Vimianzo, Xosé B. Alborés.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com