|
O curso "Iniciación ó coidado de persoas maiores" afronta a segunda semana en Muxía |
Correo-e
|
|
lunes, 16 de junio do 2008 |
|
Continúa en Muxía o curso "Iniciación ó coidado de persoas maiores", que se desenvolve ao longo de todo o mes de xuño. A semana pasada repasábase os problemas do Alzheimer, aconsellábase para mellorar a comunicación coa persoa necesitada, informaba sobre a prevención de riscos e de enfermidades ademais de valorar a mobilidade das persoas maiores. Os módulos que se impartiran esta semana dentro do curso "Iniciación ós coidados de persoas maiores" organizado pola Concellería de Servizos Sociais de Muxía, e que terá lugar no edificio de usos múltiples da Camposa, onda o Mercado de 17:00 a 19:00, son os seguintes: - Luns 16 de xuño 2008; módulo 12: Como coidar para favorecer a independencia e a autoestima da persoa necesitada de axuda (2 horas coa psicóloca Soledad Agra);
- Martes 17 de xuño: Tabaco e enfermidades do aparato respiratorio (2 horas con Carmen Mouzo);
- Xoves 19 de xuño: módulo 14; Enfermidade crónica e familia (2 horas co psicólogo e educador familiar, Jose Canosa);
- Venres 20 de xuño: módulo 15: Prevención do cancro (2 horas coa médico Raquel Leis).
- Sábado 21 de xuño; módulo 16: Diabete I: Alimentación e posibles complicacións. A charla será ás 10:30 da mañá coa diplomada en Enfermería, Teresa Lord. Pola tarde, a partir das 17:00 terá lugar o obradoiro " O exercicio físico nas persoas diabéticas".
Este módulo será aberto a todo o público en xeral, sen necesidade de estar inscritos, dado o grande número de persoas ás que afecta o tema. As persoas que non están inscritas no curso pero que teñan interese por algún módulo en concreto poden informarse no teléfono do concello 981 74 20 01, falando coa concelleira de servizos sociais ou co educador familiar. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concellería de Servicios Sociais Concello de Muxía, da man de Viki Ribadulla.
|