|
Este sábado 21 de xuño hai troula na preciosa e recollida praia de Valarés, en Ponteceso. Pero unha troula un tanto special, porque non haberá orquestras. O pop tomará Ponteceso e varios referentes a nivel estatal pasarán por aquí. É o caso da banda granadina Niños Mutantes, que presenatrá o seu novo disco "Todo es el momento", producido polo ex-enemigo e xa mítico do panorama musical, Fino Oyonarte. Outros que pasarán pola praia serán os Woodcake, co seu rock bastante punki. Tamén estarán os coruñeses Meu. Xa convertidos nunha verdadeira xoia da música pop galega, andan polo estado adiante levando ben lonxe o seu tono Happy Mondays ou Clash. Seguen co "What´s up", isto é, "Que pasa, meu!", o primeiro disco que saía en 2005, pero en outubro sairá o novo, "Did you hear?". Menos coñecidos, pero non por iso menos interesantes, resultan os Jazz Sac Noir, un compendio de músicos de todo o mundo que cos seus acordeón, baixo e guitarra darán a nota jazzística ao evento. Ademais, a banda xa visitou O Escaravello de Laxe, no que foi a segunda festa do Hot Club de Jazz. Para poñer a fin de festa a praia porase bailonga para recibir a The Cricket, produtor e máis dj, mítico da Casa da Leiteira de Arteixo, que fora pechada no pasado 2007, logo de 7 anos sendo a sala de probas de moitos rapaces da zona. Como chegar Partindo de Carballo collemos a LC-412 que vai cara Malpica. Ao chegarmos a Buño (a un 9,5 km) collemos cara Ponteceso pola LC-422. Dende Ponteceso collemos a estrada que vai a Corme rodeando a casa de Pondal antes de cruzar o río Anllóns, e a 1 km, na aldea de O Couto hai que xirar á esquerda. A 2.5 km está a fermosa praia. Fonte e máis información
|