|

O grupo do BNG de Cee vén a denunciar a tala indiscriminada dunha das poucas (se non a única) carballeira do Concello de Cee, situada nunha masa común resultante da concentración parcelaria no lugar de Sembra, na parroquia de Toba. Segundo o voceiro Daniel Oca, quen perpretou este atentado ecolóxico foi o propio Concello de Cee. Oca apresúrase tamén a sinalar que o seu grupo descoñece totalmente o motivo da tala, ao igual que os veciños que da zona, que descoñecían o asunto igualmente. Nota de prensa do BNG sobre a reunión coa Deputación O pasado xoves 12 de xuño, o voceiro municipal do BNG de Cee, Daniel Oca González, e e Santos Díaz Graíño, concelleiro, acodían á Deputación da Coruña para concretar unha reunión co vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar e con Xoán Manuel Cabo Pérez, Deputado que preside a Comisión de Cooperación e Asistencia a Concellos, co fin de coñecer os Plans da Deputación que afectan ao Concello de Cee. No trancurso da reunión, os deputados informaron aos concelleiros do Plan de Cooperación cos Concellos, iniciativa do BNG, xestionada por un área de goberno propia, que suporá a inversión máis importante da Deputación nos vindeiros tres anos. A finalidade deste plan é a de cooperar cos concellos da provincia cunha poboación inferior á 20.000 habitantes na realización de investimentos relacionados co ciclo da auga, co medio natural e coa mellora da rede viaria local intermunicipal. En concreto, a Cee correspóndenlle 448.892,78 euros (cantidade á complementar cunha achega municipal do 10%). O BNG de Cee presentará nos vindeiros días unha moción na que demandará a inclusión neste plan dunha serie de obras que considera prioritarias. Coa finalidade de coñecer as necesidades máis urxentes, os interrogantes da Asamblea local do BNG están a percorrer as distintas parroquias. Fonte - Nota de prensa do BNG de Cee, da man do seu voceiro Daniel Oca.
|