|
O PP de Vimianzo mostra o seu desencontro coa intención da Vicepresidencia de facerse cargo de diferentes infraestrutura, tales como a gardería, o centro de día ou o comedor, por medio do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Fai uns dúas, o alcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez Lema, visitaba ao xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para interesarse polo modelo de xestión dos servizos sociais que se ofrece desde este organismo, xa que segundo Alejandro, o actual modelo de cesión a unha entidade privada representa un resultado negativo para as arcas do concello. Para Carmen Borbujo e o seu PP a situación é distinta. Segundo Borbujo, a posta en funcionamento de todos estes servizos supuxo aos veciños de Vimianzo investir neles os beneficios das eólicas destinados ao Concello. Tamén sinala que o Consorcio deixaría sen participación ao concello na xestión ou na contratación. O PP entende que non se pode xogar coa calidade de vida da poboación. Ademais de considerar que todo o concello debe loitar por manter os servizos ao menor custo posible e que non podemos abandonar as infraestruturas xa creadas mentres non se garanta a prestación continuada de servizos e unha compensación adecuada dos investimentos realizado.. Nota de prensa do PP de Vimianzo A falta de colaboración de vicepresidencia supondría unha discriminación para Vimianzo Desde fai uns anos o Concello de Vimianzo, esta prestando os servizos de vivenda comunitaria, gardería, centro de día, comedor como unha seda e lavandería como unha seda, a través dunha xestión privada e con diñeiro a maior parte municipal, outra dos usuarios e a menor parte, sobre un 10% da Xunta. A súa posta en funcionamento supuxo aos veciños de Vimianzo investir neles os beneficios das eólicas destinados ao Concello. Fai uns meses Vicepresidencia creou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cuxo obxectivo fundamental é dar os mesmos servizos que Vimianzo leva realizando desde fai anos, pero cunha participación económica dun 70% cando son de nova creación, e no caso do noso concello suporía terlles que ceder toda a infraestrutura que tanto diñeiro custou aos cidadáns, deixando excluído ao concello na súa xestión, contratación inclusión nas prazas. Anulando uns servizos, que ata o día de hoxe funcionan correctamente con persoal do concello fundamentalmente e cunha actividade continua, ao contrario do que esta ocorrendo nalgúns servizos que xa esta prestando a vicepresidencia. No momento actual o incremento dos prezos, o encarecemento dos servizos dificulta o seu mantemento, e rescindir o contrato á empresa suporía a súa eliminación cun custo económico moi elevado (500.000 euros) privando ademais aos cidadáns dos servizos. O PP entende que non se pode xogar coa calidade de vida da poboación. Que se o Concello investiu nuns servizos cando vicepresidencia non os prestaba, non se pode deixar de colaborar para o seu mantemento co único fin de que os nenos leven un mandilón que poña galaescola no canto de Concello de Vimianzo. Se para o consorcio a colaboración é dun 70% porque para o Concello é dun 10%, feito que pode considerarse discriminatorio para os nosos veciños, que teñen que custear 400.000 euros anuais a través do concello. Consideramos que todos debemos de loitar por manter os servizos ao menor custo posible e que non podemos abandonar as infraestruturas xa creadas mentres non se garanta a prestación continuada de servizos e unha compensación adecuada dos investimentos realizados. Mentres isto non ocorre a Vicepresidencia a través da Dirección Xeral de Acción Social debe de colaborar dun xeito económico adecuada e non discriminatoria co Concello de Vimianzo. A nosa postura será exposta na próxima reunión que todos os grupos terán con Vicepresidencia por estas cuestións. Máis información Fonte - Nota de prensa da voceira municipal do PP de Vimianzo, Carmen Borbujo.
|