|
MardeLira segue a ser un referente de desenvolvemnto sostible no país, feito que traduce en condecoracións varias. A semana pasada facía entrega a Consellería de Medio Rural, dos Premios Agader ás iniciativas de Desenvolvemento Rural 2007. O segundo premio outorgóuselle á candidatura “Mardelira: mariñeiros con futuro” por tratarse dunha iniciativa de desenvolvemento sustentable que, mediante a creación de novas oportunidades económicas e de emprego relacionadas coa actividade pesqueira e marítima, xerou un importante dinamismo nunha comunidade moi dependente da pesca. Un bo xeito de fixar poboación, vaia. Os outros galardoados foron Verín-Biocoop Sociedade Cooperativa Galega, produtora de gandarías ecolóxicas, e Delicias do Souto S.C., a primeira empresa local de transformación dun produto tradicional do Courel: as castañas secas. A Confraría de Pescadores de Lira recibirá así un premio de 14.000 euros como valoración ao gran traballo e á grande iniciativa que está a realizar. Damos os nosos meirandes parabéns igualmente aos Milucho e compañía, que non deixan de crear e de compartir novas e sostibles iniciativas. Na imaxe horizontal vemos a Caseta de Pepe do Cuco, un museo marinñeiro, e na dereita vemos un momento dunha xornada de turismo mariñeiro, dous da morea de iniciativas e proxectos que teñen en curso. Estas son as bases polas que Medio Rural outorgaba o segundo premio ao proxecto: Mardelira: mariñeiros con futuro O proxecto parte da premisa de que o futuro de Lira como comunidade pescadora, pasa pola dignificación da profesión de pescador, buscando a mellora da calidade de vida destes profesionais, tanto no que abrangue ás condicións nas que se realiza a actividade profesional, como á retribución percibida polo seu traballo e ao seu recoñecemento social. Esta dignificación e recoñecemento social permite o achegamento de persoas mozas á pesca, o que contribúe a rachar co círculo vicioso de que “como non hai futuro non hai xente nova e como non hai xente nova non hai proxectos de futuro”. Ademáis, búscase provocar sinerxías entre as distintas actuacións do proxecto, e en xeral, coas actividades económicas principais do concello, como é o turismo. O seu desenvolvemento baséase en catro principios que contemplan diferentes elos: participación, integración, responsabilidade e respecto ao medio. Este conxunto de principios aplicados ao seu deseño e posta en marcha, configuran a singularidade de Mardelira e fan del un proxecto de desenvolvemento sustentable, que se enriquece por ser de iniciativa e impulso dunha pequena comunidade do rural costeiro de Galiza, altamente dependente da pesca. Descrición das actuacións realizadas: - Lonxanet directo: venda directa da pesca a través da internet (62 confradías);
- Mardelira: Actividades divulgativas sobre o “saber facer” dos mariñeiros e a pesca (posta en valor do patrimonio pesqueiro);
- Fundación Lonxanet para a pesca sostíbel.
- Rede de comunicacións Pequeiras Artesanais polo Desenvolvemento Sostíbel (RECOPADES): rede estábel de pobos de pescadores para apoiar e defender xuntos a pesca artesanal.
- Creación da reserva mariña de “Os Miñarzos” (Decreto 87/2007, do 12 de abril): área marítima xestionada para conservar a biodiversidade mariña, mellorar a pesca e concienciar sobre a protección do medio mariño.
- Plan de repoboación do lumbrigante;
- Programa Amares: fomento do uso sostíbel do mar (colab. coas consellarías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e a de Pescae Asuntos Marítimos).
- Creación da Soc. Coop. Mardelira: dedicada á transformación e comercialización de produtos do mar, así como a promoción cultural, de lecer e do desenvolvemento sostíbel do litoral.
- Constitución da asociación de confrarías “O mar da fin da terra”.
- Proxecto Serea: actividades complementarias da pesca e do marisqueo (cofinanciado polo FSE).
- Proxecto IMEC: busca desenvolver un certificado para documentar as habilidades persoais medioambientais en temas marítimos e mariños (programa europeo Leonardo da Vinci).

Nota de prensa de Agader BIOCOOP, Mardelira e Delicias do Souto reciben os premios Agader ás iniciativs de desenvolvemento do 2007 - O conselleiro do Medio Rural presidiu esta entrega de premios, na que tamén foron galardoadas na categoría de mellor proxecto impulsado por xente nova as iniciativas “Cabras do Xurés e “Ecocelta Galicia Slne: xestión de residuos agrogandeiros a través da vermicompostaxe”.
- O Diario Oficial de Galiza vén de publicar a convocatoria destes premios para este exercicio, coa finalidade de premiar aquelas actuacións que fomenten a xeración dunha sociedade rural máis viva e cohesionada e contribúan de xeito singular á promoción do medio rural.
Coles, 13 de xuño de 2008.- O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, presidiron esta mañá no Pazo de Fontefiz a entrega dos Premios Agader ás iniciativas de Desenvolvemento Rural 2007, que nesta edición recaeron en Verín-Biocoop, Mardelira e Delicias do Souto. Esta convocatoria, realizada anualmente a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), trata de incentivar e recoñecer as actuacións que fomentan a xeración dunha sociedade rural máis viva e cohesionada e que contribúen á conservación e dinamización do contorno rural facendo del un medio máis atractivo. Neste sentido, o DOG vén de publicar o regulamento destes premios correspondente ao presente exercicio que contempla un primeiro premio dotado con 25.000 euros, o segundo con 14.000 euros, e un terceiro con 6.000 euros. Así mesmo, recolle o premio especial para proxectos impulsados por mozos e mozas cunha dotación en metálico de 15.000 euros. O xurado da edición do ano 2007 –composto por representantes da administración e das universidades galegas- otorgoulle o primeiro premio a BIOCOOP atendendo ao traballo que vén realizando na creación de gandarías de produción ecolóxica que permiten manter o territorio limpo e libre de lumes, fomentando o respecto polo medio ambiente, ofrecendo productos de máxima calidade e xerando no gandeiro autoestima e satisfacción pola actividade que desempeña. O segundo premio outorgóuselle á candidatura “Mardelira: mariñeiros con futuro” por tratarse dunha iniciativa de desenvolvemento sustentable que, mediante a creación de novas oportunidades económicas e de emprego relacionadas coa actividade pesqueira e marítima, xerou un importante dinamismo nunha comunidade moi dependente da pesca. Na terceira categoría, foi premiada a empresa situada no Courel “Delicias do Souto S.C.”, que se dedica á transformación de castaña seca, recuperando, deste xeito, unha forma de preparación deste produto que caera no abandono nos últimos anos debido ao despoboamento e á desvalorización dos soutos e sequeiros tradicionais. Por último, o Premio Agader aos proxectos de dinamización do rural impulsados por xente nova recaeu en dúas candidaturas: “Cabras do Xurés” pola importancia de desenvolver unha actividade económica nun contorno rural onde a actividade empresarial practicamente non existe, a través da recuperación de antigos costumes e tradicións, e pola súa contribución á mellora do medio ambiente e ao desenvolvemento facendo un aproveitamento sustentable do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés; e “Ecocelta Galicia Slne: xestión de residuos agrogandeiros a través da vermicompostaxe”, polo esforzo realizado na integración de procesos de innovación e novas tecnoloxías como parte activa da produción. Verín-Biocoop Sociedade Cooperativa Galega Iniciativa consolidada de desenvolvemento rural sostíbel, baseada na creación de gandarías de produción ecolóxica que permiten manter o territorio limpo e ceibe de incendios; respectar o medio ambiente, o benestar animal e os consumidores, oferecendo un produto de máxima calidade e salubridade cunha verdadeira trazabilidade. Ademais contribúe a fixar poboación no medio rural e a xerar emprego no mesmo; así como á recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción (Morenas do Noroeste); e á comercialización directa do produto, xerando riqueza na comunidade e xerando no gandeiro autoestima e satisfacción polo traballo realizado. Esta cooperativa suma 18 gandarías de produción ecolóxica e conta con tres liñas de produción: - Produción de leite: dúas gandarías en semiextensivo e unha en produción ecolóxica.
- Produción de Tenreira Galega en sistema de manexo intensivo.
- Produción de carne ecolóxica, procedente de gandarías que traballan con razas autóctonas en perigo de extinción da provincia de Ourense (réxime entensivo).
Mardelira: mariñeiros con futuro O proxecto parte da premisa de que o futuro de Lira como comunidade pescadora, pasa pola dignificación da profesión de pescador, buscando a mellora da calidade de vida destes profesionais, tanto no que abrangue ás condicións nas que se realiza a actividade profesional, como á retribución percibida polo seu traballo e ao seu recoñecemento social. Esta dignificación e recoñecemento social permite o achegamento de persoas mozas á pesca, o que contribúe a rachar co círculo vicioso de que “como non hai futuro non hai xente nova e como non hai xente nova non hai proxectos de futuro”. Ademáis, búscase provocar sinerxías entre as distintas actuacións do proxecto, e en xeral, coas actividades económicas principais do concello, como é o turismo. O seu desenvolvemento baséase en catro principios que contemplan diferentes elos: participación, integración, responsabilidade e respecto ao medio. Este conxunto de principios aplicados ao seu deseño e posta en marcha, configuran a singularidade de Mardelira e fan del un proxecto de desenvolvemento sustentable, que se enriquece por ser de iniciativa e impulso dunha pequena comunidade do rural costeiro de Galiza, altamente dependente da pesca. Descrición das actuacións realizadas: - Lonxanet directo: venda directa da pesca a través da internet (62 confradías);
- Mardelira: Actividades divulgativas sobre o “saber facer” dos mariñeiros e a pesca (posta en valor do patrimonio pesqueiro);
- Fundación Lonxanet para a pesca sostíbel.
- Rede de comunicacións Pequeiras Artesanais polo Desenvolvemento Sostíbel (RECOPADES): rede estábel de pobos de pescadores para apoiar e defender xuntos a pesca artesanal.
- Creación da reserva mariña de “Os Miñarzos” (Decreto 87/2007, do 12 de abril): área marítima xestionada para conservar a biodiversidade mariña, mellorar a pesca e concienciar sobre a protección do medio mariño.
- Plan de repoboación do lumbrigante;
- Programa Amares: fomento do uso sostíbel do mar (colab. coas consellarías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel e a de Pescae Asuntos Marítimos).
- Creación da Soc. Coop. Mardelira: dedicada á transformación e comercialización de produtos do mar, así como a promoción cultural, de lecer e do desenvolvemento sostíbel do litoral.
- Constitución da asociación de confrarías “O mar da fin da terra”.
- Proxecto Serea: actividades complementarias da pesca e do marisqueo (cofinanciado polo FSE).
- Proxecto IMEC: busca desenvolver un certificado para documentar as habilidades persoais medioambientais en temas marítimos e mariños (programa europeo Leonardo da Vinci).
Delicias do Souto S.C. Primeira empresa local de transformación dun produto tradicional do Courel: as castañas secas, e que foi constituída no 2006 por dúas mulleres naturais do concello de Folgoso do Courel. Nace en si como alternativa de traballo e actividade económica, así como un xeito de revalorizar un produto tradicional, cuxa preparación estábase a abandonar nos últimos anos debido ao despoboamento e á desvalorización dos soutos e os sequeiros tradicionais. Os produtos que elabora Delicias do Souto son, no momento actual, dous tipos de tarta de castaña: “Tarta Courelá” e “Tarta Pilonga”, e “Vermellas, madalenas de castañas”. Presentan un carácter artesán na súa elaboración, contribúen a potenciar un produto artesanal como é a castaña seca, pero ao mesmo tempo son innovadores, no senso de que na zona, máis aló do concello, non hai outra iniciativa de transformación de castaña similar. O proxecto de transformación en si mantén na actualidade un posto de traballo, ocupada por unha das socias promotoras. Por outra banda, na actualidade esta iniciativa ven xerando outros beneficios sobre empregos indirectos, ou máis ben sobre a renda, para os produtores de castaña locais. Así, a pesares do pouco tempo de existencia, compráronse 1.200 kg de castaña seca íntegramente a produtores de Folgoso do Courel; a un total de oito. No futuro estímase que esta cantidade aumentará, contribuíndo a manter un mercado estable para a castaña seca, cun prezo do produto tamén estabilizado. Tamén é reseñable que na zona existen iniciativas de restauración e posta en funcionamento de sequeiros que tamén se verán beneficiadas. Cabras do Xurés Cabras do Xurés S.L, é unha empresa dedicada á elaboración e venda de queixos de cabra, aproveitando o leite de cabra producido na explotación caprina que posúe o seu titular (emprendedor menor de 30 anos). Esta empresa creouse coa finalidade de elaborar e comercializar queixos de cabra baixo unha marca comercial propia, aproveitando, entre outras, as características orográficas e florísticas da zona. A posta en marcha deste proxecto está a supor: Dinamización do medio rural, a través da realización dunha actividade económica nun contorno rural, onde a actividade empresarial apenas existe. Con esta acción acádase a recuperación de antigos costumes e tradicións, como é a producción de queixo de cabra con leite crú, elaborado de maneira artesanal; introducindo no mercado un produto exclusivo. Contribución á mellora do medio ambiente e ao desenvolvemento facendo un aproveitamento sostible dos recursos naturais. O pastoreo do rabaño da explotación axuda á eliminación do combustible inflamable do monte, polo que se reduce o risco de incendios, e favorécese o asentamento e a adaptación de especies propias da zona, como as perdices, coellos ou as aves. Innovación: a elaboración de queixo de cabra con leite crú, elaborado de maneira artesanal, dá como resultado un produto único no mercado galego: “Queixos do Xurés”; - Ecocelta Galicia Slne: xestión de residuos agrogandeiros a través da vermicompostaxe.
Ecocelta é unha Peme de Ponteareas adicada á produción de abonos ecolóxicos certificados, a partir da compostaxe e vermicompostaxe de residuos orgánicos da comarca que a rodea. Naceu en Ponteareas no 2004 e comezou a xestión a través da lombricultura que posteriormente completou coa vermicompostaxe. Conta con 11 empregados (3 son mulleres) e 1 bolseiro. Ademais dos abonos, os sustratos ecolóxicos, o humus de lombriz líquido e o cebo para a pesca, son novidades en produtos que forman parte da actividade do departamento I+D+i creado no 2006. A innovación está presente a diario, xa que é parte activa da produción. O Sistema Vertical de Lombricultura Industrial e o Sistema de Camas para Lombricultura son modelos patentados e pioneiros na produción de humus de miñoca que teñen como principal vantaxe a alta produción en espazo reducido e a súa limpeza e orde, repercutindo na calidade do abono final. O departamento colabora en investigación con institucións públicas e privadas. Compleméntase con actividades en concellos, centros educativos de ensinanza pública e privada, que trascenden nunha implicación social importante na comarca e na comunidade galega. Ecocelta consolídase como unha actividade pioneira, con códigos REGA e CEA propios e únicos no seu ámbito. Máis información Fonte
|