|
Fisterra organiza un curso de informática para nenos |
Correo-e
|
|
martes, 17 de junio do 2008 |
|
Sería bo estudiar como se desenvolve un curso de informática para nenos e comparalo coa evolución dun curso para maiores. Abofé que habería diferencia i é que parece que estes nenos de hoxe naces cun aparello electrónico no berce. Poderíano comprobarm dende o Concello de Fisterra organiza uns cursos de informática dirixidos a nenos de entre 4 e 12 anos (1º grupo: nen@s de 8-12 anos en horarios de 10:30 a 11:30h e o 2º grupo: nen@s de 4-7 anos en horarios de 11:30 a 12:30h). Os cursos desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en horario de mañán, e haberá 10 alumnos por curso. A aula de informática municipal acollerá as clases. Información e inscricións Debido a que as prazas para os cursos de informática para nenos de 4 a 12 anos cubrironse en tan só dous días, o Concello de Fisterra decidiu ampliar o número de cursos quedando prazas vacantes para os que se van a celebrar durante a segunda quincena de julio e a segunda quincena de agosto. Os nenos que estaban de suplentes serán admitidos directamente nas novas prazas. Para máis información pódense dirixir a Aula de Informática en horario de 9.00-14:00 ou no teléfono 981740001. O prazo de inscrición é ata o 30 de xuño, e podedes chamar ao 981 740 191, ou acudir á aula de informática do Concello de Fisterra entre ás 9:00 e ás 14:00h. Fonte - Nota de prensa do Concello de Fisterra.
|