|
A diabete será analizada nas charlas de Muxía |
Correo-e
|
|
martes, 17 de junio do 2008 |
|
Presentabamos onte o programa para esta segunda semana do curso "Iniciación ó coidado de persoas maiores", que artella a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Muxía. Entre as charlas da semana falaremos do Tabaco e das enfermidades do aparato respiratorio, da Enfermidade crónica e a relación familiar ou da Prevención do cancro. Pero hai un evento que sobresae en relevancia. É o que ten lugar o vindeiro sábado 21 de xuño, e que ten a particularidade de dar onde máis nos doe: na Diabete. A xornada dividirase en dous, unha charla coloquio baixo o título de "A diabete: Xeneralidades", que comezará ás 10:30 da mañá da man da diplomada en Enfermería, Teresa Lord; e xa pola tarde, a partir das 17:00 terá lugar o obradoiro “Coidados do Pé e da Boca na persoa diabética". Este módulo será aberto a todo o público en xeral, sen necesidade de estar inscritos, dado o grande número de persoas ás que afecta o tema. O evento terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Concellería de Servicios Sociais Concello de Muxía, da man de Viki Ribadulla.
|