|

O que non o pasou ben en Corcubión é por que non quixo, oxala houbese un destes concertos por fin de semana no pobo no canto das orquestras de señoritas ás que nos teñen afeitos as comisións de festas. Así explica brevemente o fotógrafo e doble axente Pablo Javier Damonte Rodríguez no seu Flickr El sur se mueve, a especial festa vivida o pasado venres na prazoleta de Corcubión. A xornada foi especial por varios motivos. Os grupos elixidos xa eran, desgraciadamente, un detalle singular, nunha bisbarra nas que as orquestras copan os escenarios. E tampouco é que estemos en contra das orquestras, que son historia viva do noso país, e que seguen e teñen que seguir a formar parte da nosa indiosincrasia. O caso é por Galicia adiante, sen sair moi lonxe, hai moitas cousas das que aprender e disfrutar. Tan preto como Santiago ou Riveira. De aí viñan os invitados pola Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión". E de aí puidemos aprender unha chea de cousas. Primeio saltaron ao palco os Aló Djangó, banda que nace en Compostela coma un homenaxe a aquel guitarrista dos anos 20, que só con 3 dedos na man esquerda, facía a meirandes virguerías que viu o swing. Falamos de Django Reindhart. Así se xuntaban Mon (que vemos en blanco e negro ao máis puro estilo daqueles anos) e compañía, para ofrecer un produto sonoro non moi habitual. Bailamos o que quixemos e movimos as cadeiras como nunca. Xa co telón da noite baixado, saltaron á escena Os Chiquilicuatres, que, por suposto, non teñen nada que agradecer ao señor Rodolfo. Malia que a prazoleta, incomprensiblemente, non estaba chea, a cerveza barata, o encanto do lugar e, sobre todo a boa música, propiciaron que a noite continuara increcento. Aló estaban Alberto, Nando, Suso e LLon, que malia súa gastroenterite cumpliu coma un tigre entre vomitona e vomitona. Armaron festa, que diría Xurxo Souto, dende arriba pero tamén dende abaixo, pois os 3 supervivintes baixaron ao piso, e compartiron protagonismo con Dro, a alma da festa corcubionesa. Puidemos bailar entre charla e charla unha horiña máis antes de irmos tomarlle algo na Gavilla, ese bar dos bandoleiros que tanta vida e tanta cultura xera. Falamos con Nando, con Alberto (con Llon en segundo plano na fotode arriba) e con Suso (na de abaixo), e compartimos experiencias. A banda, que serve de base de probas para a A Compañía do Ruído, pasou vaios meses polas illas británicas forxándose a base de traballo de campo. De praza en praza, de taberna en taberna, de vila en vila, a banda colleitou un milleiro de experiencias que agora queren compartir aquí, no seu lugar. A base de que? A base de Ruído, i é que "só existe Ruído". Así se formou a asociación Bastantes Llon, un compendio de case que 30 bandas de Riveira (cantas hai en toda a Costa da Morte?), que participa xa, tan só 9 meses despois da súa formación, na vida política e social da Barbanza. Suso Bello é o seu voceiro e presidente e xa anda polas radios e os periódicos da zona, promocionando a morea de actividades que están a organizar. Que se un curso de grafiti, que se unhas charlas sobre atención aos discapacitados... Botamos un pouco de menos un pequeno movemento social de rexeitamento, que demostre que a bisbarra non está morta. Ben é certo que estamos a vivir épocas de loita, sobre todo co asunto do Plan Acuícola, pero sae sempre dun problema singular dunha situación partuicular, e nunca sae da necesidade global de comezarmos dunha vez a pensar como Costa da Morte, o único xeito de levantar o voo. Antes de marchar, queremos comentar que nos gustaria poder estar esta fin de semana, por exemplo, en Valarés, ou estes días en Toba, pero desgraciadamente non podemos. Por iso, animámosvos a que se disfrutades de calquera evento que vos parecera especial, ou que simplemente vos gustaría compartir, aquí temos gañas de aprender e facer chegar a todo o mundo ese aquel que se viviu naquel recuncho aqula noite, para que todos poidamos sacarlle un pequeniño algo. Novas relacionadas Fonte
|