|
Lira compartirá experiencias na Expo |
Correo-e
|
|
martes, 17 de junio do 2008 |
|
Emilio Louro, Milucho, o secretario da Confraría de Pescadores de Lira, participará na Expo Zaragoza 2008. Alí explicará o proxecto da reserva mariña de Lira, única no país, que tanta repercusión está a levar a nivel local, estatal e mesmo, internacional. Milucho repasará os resultados dos últimos anos de vida que ten a reserva, que nacera no 2003. Son moitas as peculiaridades que fan da reserva unha iniciativa merecedora de premios de todo tipo, pero o que cómpre salientar é a xestión particular que realizan os mesmos pescadores, i é que a dignificación da profesión é un dos puntos nos que a reserva e o proxecto íntegro de MardeLira máis fincapé fai. MardeLira vende ourizo A cooperativa MardeLira xa ten outro proxecto máis. A recollida do ourizo remataba a semana pasada e as mulleres da cooperativa argallan medios para sacar o produto ao mercado. O proceso parte da limpeza do ourizo para logo extraer as gónadas, que logo se venderán ás fábricas de transformación. Este ano serán 90 os quilos comercializados. A cooperativa ten a intención de pechar o proceso produtivo e ser capaz de realizar todos os pasos dende a colleita ata a venta directa ao público, evitando así deixar cartos polos intermediarios. Así o envasado de marca propia e mesmo a paertura dunha tenda non están lonxe das miras da confraría. Novas relacionadas Fonte
|