 O Servizo de Delitos Medioambientais da Fiscalía Xeral do Estado vén de confirmar que a Ría de Corcubión está contaminada por mor das augas fecais. É a principal conclusión dunha investigación iniciada en xullo de 2007 para tratar de averiguar si existen responsabilidades penais ao respecto. O Ministerio Público, que contou coa colaboración do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil, elaborou un informe cos resultados da súa investigación, que foi iniciada a raíz dunha denuncia da Federación Galega de Confrarías. Toda a documentación foi remitida ao Xulgado de Corcubión, aínda que a Fiscalía non poido precisar quen é o causante da contaminación. Deste xeito, non é posible establecer unha imputación concreta contra ninguén. A Fiscalía tampouco pode aclarar si existen responsabilidades por parte dos Concellos de Corcubión e Cee, pero sí indica que a documentación requerida a estas dúas entidades locais foi entregada de forma incompleta. Bacteria fecal Segundo as análises das augas realizadas por orde da Fiscalía, a orixe do problema é unha bacteria chamada “Escherichia Coli”, procedente dos verquidos fecais que van ao mar. Os profesionais do marisqueo levan case dous anos padecendo a contaminación dunha ría que está catalogada como zona C pola Consellería de Pesca. Mesas de cultivo Esta decisión do organismo autonómico supón que non se poden comercializar ningún producto procedentes da ría en fresco. Esto obligou ás mariscadoras a trasladar os moluscos a unhas mesas de cultivo instaladas na zona de A Viña, sempre co permiso da Xunta de Galicia Vertidos directos Que na ría hai unha chea de tuberías que verten directamente ao mar sen ningún tipo de filtros nin depuración é algo sabido, pero non por elo é menos impactante velo de preto. Xa temos visto máis dunha vez como das tuberías do recheo de Cee, debaixo da Casa da Cultura, sen ir áis lonxe, sae o papel hixiénico impunemente. Pero esta semana veíamos en directo como cagan os veciños das casas baratas de Corcubión. Disque hai unha depuradora baixo a praza Agra da Ribeira, pero que non funciona dende hai case que 20 anos. O resultado salta á vista. Pola zona do paseo na recta antes da praza de Castelao, hai varios edificios que verten as defecacións a unha fosa séptica, que cada varios meses é limpada por un camión cisterna que chupa todo o que haia. Pero tamén hai outra zona na uqe as fecais se acumulan nunha arqueta antes de caer directamente á pequena praiiña que quere recuperar o concello para o seu uso público. Con este panorama vai estar complicado. Pleno ExtraordinarioNo pleno extraordinario de onte, a corporación municipal aprobou o plan de saneamento da vila. Novas relacionadas Fonte - Nova cedida polo semanario O Acontecer.
- Fotografía de Que pasa na Costa.
|