|
A Asociación de Empresarios de Vimianzo (Asemvi) presentou esta semana a segunda edición da Feira Multisectorial da localidade. Terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo e nela confirmaron a participación ao redor de setenta empresas “de todos os ámbitos”, segundo o presidente da Asemvi, Fidel Roget. O presuposto deste ano é sensiblemente superior ao da primeira edición. Ascende a preto de 110.000 euros. Para iso cóntase coa colaboración de distintas institucións públicas e privadas, entre as que están a Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo. “A verdade é que esperamos a asistencia de empresas de case todos os sectores, pero aínda estamos buscando alguén que de informática, hostalería e electrodomésticos. Si estarán, seguro, firmas de mobles, decoración, electricidade, motor, menaxe, ortopedia, etc”, explicou Roget. A feira congregou o ano pasado a unhas 10.000 persoas. Os resultados satisfaceron aos organizadores, que apostan agora porque medre e se convirta nunha cita clásica do verán vimiancés. Ademais de ‘stands’ de empresas, haberá outros atractivos curiosos: maquetas de pedra dos edificios máis salientables da Costa da Morte, un coche que funciona con gas licuado e varias exposicións. Virán firmas de toda Galicia “e tamén de León e ata de Alemaña”, apunta Fidel Roget. Fonte
|