Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Os servizos sociais de Vimianzo seguen na escena  Correo-e
miércoles, 18 de junio do 2008

A semana vimiancesa comezaba movida coas acusacións de Carmen Borbujo, voceira do PP do concello, á Vicepresidencia, de discriminar ao concello de Vimianzo por solicitar a cesión dos servizos sociais que o concello ten dende hai anos e que vicepresidencia oferta ultimamente. A oferta económica, que só sufraxaría o 10% dos gastos non satisface a Borbujo.

Hoxe recibimos unha nota do BNG de Manolo Antelo, quen asegura que a realidade económica dos devanditos servizos sociais (Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Xantar e Lavandería sobre Rodas) non é sostible. Para Antelo, este feito explica a xuntanza co Consorcio de Igualdade e Benestar e a necesidade de atopar unha saída benefiosa para os usuarios.

Esta chamada ao sector público lembra a Antelo o que xa propuña hai anos, cando semostraba contrario á privatización destes servizos, e acusa ao alcalde a pedir axuda logo dos problemas. Así e todo, Antelo tende a man ao alcalde: “Ofrézolle a nosa colaboración ao Alcalde para saír desta crise”.

Nota de prensa do BNG de Vimianzo

O BNG aposta por unha boa solución para os Servizos Sociais en Vimianzo

Hai uns días que a empresa que xestiona os servizos de Vivenda Comunitaria, Escola Infantil, Centro de Día, Xantar e Lavandería sobre Rodas trasladaron ao Concello a súa preocupación pola situación económica destes servizos, que se fai insostible. Por este motivo se iniciou en Vimianzo un debate político sobre o modelo de xestión destes servizos. Neste senso hai que entender a xuntanza mantida coa Xerencia do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar por parte do Alcalde na compaña dos portavoces municipais, técnicos do concello e xerente da empresa que xestiona estes servizos en Vimianzo. Da reunión hai que destacar a boa disposición da Xerencia por conveniar dentro do Consorcio Galego todos os servizos que se propoñan, e botar así unha man para resolver esta situación de dificultade na que se atopan os Servizos Sociais en Vimianzo. “A reunión foi moi positiva, aínda que o concello non achegase ningunha proposta concreta”, di o Portavoz municipal do BNG; “agora toca en Vimianzo chegar a un acordo”, engade Manuel Antelo.

A situación de dificultade económica na xestión dos Servizos Sociais en Vimianzo debe levar á Corporación a profundar nunha proposta seria para superar esta situación. A prestación en parámetros de calidade destes servizos, e mesmo o incremento da oferta son razóns suficientes para superar políticas erradas que en tres anos desembocaron nunha situación de crise que pode poñer en risco estas prestacións. Na actualidade o prezo dos servizos parece ser moi insuficiente para o seu mantemento. Aumentar este prezo a cargo das arcas municipais non é resolver o asunto senón acrecentar o problema, e estendelo aínda máis. Os nacionalistas de Vimianzo apostan por integrar todos os servizos no Consorcio Galego, garantindo a súa continuidade, os parámetros de calidade e incrementando a oferta nalgún caso como sería a Escola Infantil. Isto ademais traería un alivio económico ás arcas municipais que pasarían de aportar un 90% da financiación pública a aportar un 30%, onde se poderían incluír conceptos como gasto de mantemento (limpeza, enerxía, ...). “A integración no Consorcio Galego é a solución deste problema”, di o voceiro nacionalista; “con esta proposta garantimos uns bos servizos e o concello gaña cartos”, engade Manuel Antelo.

Tres anos despois da posta en funcionamento do modelo privatizado dos Servizos Sociais en Vimianzo cúmprense as análises do BNG, quen daquela se mostrou contrario a este modelo privatizador. Dicían os nacionalistas que non sería sostible economicamente para o concello, e cumpriuse a previsión. Isto é un exemplo máis da política errada do PSOE en Vimianzo, que se move por intereses particulares e decisións pouco valoradas que dan lugar a modelos insostibles e inviables. “É o fracaso da política do Alcalde”, di Manuel Antelo; “agora cando as cousas van mal pide axuda”, engade o voceiro nacionalista.

Os nacionalistas de Vimianzo están dispostos a arrimar o ombro para saír desta situación, pero con propostas serias e de compromiso. “Ofrézolle a nosa colaboración ao Alcalde para saír desta crise”, di Manuel Antelo. Pero os nacionalistas esperan que isto signifique un cambio de rumbo político no concello. “Non pode repetirse o dos últimos tempos de crispación contra o BNG”, engade o voceiro nacionalista. Ao mesmo tempo advirten que os vimianceses deberán tomar notar de quen está por buscar saídas aos problemas e quen está creando problemas, con un goberno municipal débil e incapaz. “Non consentiremos que o Alcalde sinale a outros como responsables dos seus fracasos políticos”, di o Portavoz do BNG.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com