Venres, 03 de setembro do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O PP provincial critica a "doble moral" do PSOE no tocante á granxa de Merexo e ao Plan Acuícola  Correo-e
miércoles, 18 de junio do 2008

Os presidentes e voceiros do PP dos concellos de Corcubión, Carnota, Fisterra, Cee, Dumbría, Muxía, Camariñas, Vimianzo e Zas, participaron na tarde de onte, martes 17 de xuño de 2008, nunha reunión cos estamentos provinciais do partido. Entre os reunidos, atopábase o propio Presidente Provincial, Carlos Negreira, quen asegurou que o PP é o único partido que defende no Parlamento Galego as demandas dos veciños de Merexo, no tocante á ampliación do parque acuícola da vila encadrado no Plan Acuícola.

Negreira acusou directamente ao goberno bipartito PSOE-BNG de non facer nada para axilizar os traballos nos polígonos industriais, que a Xunta prometera ao concello de Corcubión tralo do Prestige. Non quedaron aí as acusacións, e criticou a actitude de PSOE e BNG de dar as costas as necesidades dos veciños. Ademais, o presidente subliñaba que o grupo do PP é o único que defende realmente os intereses dos galegos.

No tocante á ampliación da piscifactoría de Merexo, Negreira pregúntase pola dobre moral dos socialistas, que por un lado defenden o valor paisaxístico e ambiental de Galicia, e por outro, pretenden levar a cabo esta ampliación, case que no medio da vila, a pesar dos prexuízos que dita actuación levará para a contorna. Todo isto chega logo do rexeitamento da inciaciativa do PP no Parlamento de suprimir a ampliación de dita granxa.

Na xuntanza tamén se trataron a Lei de Dependencia, criticando a mala xestión de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, da que sinalou que gasta máis en publicidade e propaganda, que en axudas. O dato semella claro, na provincia da Coruña hai preto de 37.000 dependentes á espera de percibir algunha axuda.

A corporación tocou tamén os temas do saneamento da ría e das melloras do abrigo do porto. Precisamente, a corporación municipal aprobaba o pasado luns, pleno extraordinario, o plan de sanemento da ría. O BNG apuntou que as obras non poden incidir nos petos dos corcubioneses.

Fonte

  • Diario de Bergantiños: "Negreira afirma que el PP es el único partido que defiende en el Parlamento Galego las demandas de los vecinos de Merexo", da man de Manuel Sambade.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com