Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O porto deportivo de Corcubión abrirase no 2015  Correo-e
miércoles, 18 de junio do 2008
Image

O porto deportivo de Corcubión xa ten data. O Presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, apuntou onte, martes 17 de xuño de 2008, que o 2015 será, en principio, o ano da súa apertura. Parga, durante a súa visita á vila corcubionesa, lembrou que se trata dun proxecto a medio prazo, logo do baile de números que rodean ao porto dende o seu anuncio.

Os amarres contarán cun total de 310 amarres para embracacións deportivas, que se complementarán coa mariña seca que se construirá no peirao de Brens, prevista para o 2010, como lembraba o alcalde de Corcubión, Francisco Lema.

Parga mostrouse optimista sobre os prazos da obra e asegurou que fará o necesario para axilizar os trámites pertinentes. Así e todo, o presidente de Portos sinalou que as obras non só dependen do seu departamento, e que as obras dependes de outros entes. Esta actitude débese á unanimidade existente en todos os colectivos do Concello.

Plan de saneamento

O pasado luns, a corporación municipal de Corcubión acordaba, nun pleno extraordinario, a aprobación dun plan de saneamento da vila corcubionesa. O BNG foi o único que puña condicións, pedindo que as obras non supoñan un incremento das taxas dos corcubioneses. O alcalde, Francisco Lema, Chisco, respondía que as únicas subidas serán as que sufran a nivel galego ou español. Onte podíamos comprobar como hai traballo dabondo para solucionar o problema das fecais na ría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Diario de Bergantiños: "El Presidente de Portos de Galicia sitúa el año 2015 como fecha en la que el puerto deportivo de Corcubión estará operativo", da man de Manuel Sambade.
  • Radio Nordés.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com