Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

O blues volve á bisbarra  Correo-e
miércoles, 18 de junio do 2008

Este viernes 20 de xuño, a partir das 23:00 no agarimoso Bar Rodín, terá lugar un evento moi especial. O blues encherá de maxia o bar, que como sempre que tocan estes artistas, énchese de público para disfrutar destas músicas non tan habituais a día de hoxe na bisbarra. Membros da banda Baking Blues de Compostela, acompañados de outros músicos da bisbarra, entre eles algún alumno da escola de música de Cee, farán da noite do venres unha jam session, ou o que vén sendo o mesmo, unha repichoca bluseira.Image

O par de figuras que supoñen Javi Turnes e Rafa Mississipi, ambos profesores de secundaria (que sorte teñen estes rapaces de Cee), xa deixaron a súa pegada na Radio Neria, no impresionante programa que presenta o filósofo Turnes, "Pensar e soar" (mércores ás 23:00 e xoves ás 23:30 no 107.8 da FM), e no que ambos deixaron constancia de que levan, malia ser blancos, o blues nas venas. Poñede hoxe ou mañá a 107.8 cara a noite e poderedes disfrutar dun concertazo deste par de figuras, e visitade a bitácora da Radio Neria para ver a voz e guitarra de Javi e a impresionante armónica de Rafa Mississipi, tocándonos Ophelia. Non perdades a cita do venres e a disfrutar do blues forneado destes artistas.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com