|
Recibiamos onte no noso correo unha carta aberta dende Vimianzo. Moncho Gándara nos enviaba esta carta que vai dirixida ao alcalde do concello, Alejandro Rodríguez, e na que se pregunta polas reacción do mesmo no tocante ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Aproveitamos para seguir animando a todo aquel que queira participar e transmitir algo á bisbarra, lembrando que este diario está a disposición de quen o queira usar como plataforma. Aquí aceptamos cartas de todos os colores e calibres, sempre que manteña un respeto aos implicados e aos lectores. Xa o saben,
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Aquí os deixamos con Moncho Gándara e o PXOM de Vimianzo. Carta aberta ao alcalde de Vimianzo O pasado 14 de maio, un día despois de que, cos votos do PSOE e do PP, se dicidise paralizar e aparcar a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vimianzo (PXOM), vostede, como alcalde, facía a dous periódicos diarios e a unha emisora de radio declaracións como estas: “Eu nen siquera lin o proxecto de documento elaborado polos redactores”...”Eu o Avance, nin o vin, o BNG conta mentiras...” “O Avance do Plan -continuaba dicindo vostede- perxudicaba ás aldeas...” ou que ”reconozo que as parroquias quedaban peor do que están....” E tamén manifestaba: ”Ademais, no Avance do Plan hai temas dos que eu non tiña constancia, e non permito que se fagan cousas ás miñas espaldas, ...porque aquí aínda non estamos en Marbella, gracias a Dios!” Os veciños e veciñas de Vimianzo, ante a gravidade destas e doutras declaracións súas, temos dereito a moitas explicacións ao respecto, entre elas as de: - ¿Por que, a máxima autoridade do goberno municipal di non coñecer un Documento tan importante que perxudicaba tan gravemente ás nosa vidas e economías?
- ¿Por que vostede recoñece, agora, que perxudica gravemente ás parroquias e, sen embargo, insulta ao portavoz do BNG tachándoo de mentereiro, por dicir, antes, exactamente o mesmo?
- ¿Que cousas moi graves se fixeron no Avance do Plan a espaldas do alcalde?
- ¿Quen as fixo, e que medidas adoptou como alcalde sobre este tema?
As respostas a estas e a outras moitas preguntas, asi como o de que fixese público dunha vez o contido do Avance, é o que esperabamos que nos explicara na carta que estes días nos remitiu vostede aos nosos domicilios. Pola contra, a “CARTA INFORMATIVA” da alcaldía, pagada con fondos públicos e que non informa de nada do que realmente nos interesa, servíulle , unha vez mais, para insultar gratuitamente ao portavoz do BNG. Precisamente, o portavoz do único grupo municipal que ten aportado por escrito (nº rexistro:2596,de 22 de abril) un documento cunha proposta de 6 puntos para rectificar os graves erros do avance do PXOM: - Para que no Avance os nosos lugares e parroquias, de acordo coa lei, poidan medrar, tendo as súas áreas de expansión.
- Para que no Avance as numerosas edificacións novas, xurdidas ao marxe do ordenamento, poidan legalizarse no novo PXOM.
- Para planificar o crecemento das zonas urbanas de Vimianzo, A Piroga e Baíñas.
- Para crear solo de caráter industrial en Vilaseco e Baiñas; así como estar abertos a contemplar posibles iniciativas particulares cos seus correspondentes convenios urbanísticos.
¡Aínda hoxe non podo dar creto de como unha proposta tan medida, razoable e positiva como esta, asinada por Manuel Antelo Pazos, fose contestada por vostede e a sra. Borbujo con tamaña sarta de insultos e descalificacións! - Moncho Gándara, veciño de Vimianzo, a 16 de maio de 2008.
|