doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Manolo Antelo presenta unha moción para as obras de saneamento de Vimianzo  Correo-e
jueves, 19 de junio do 2008

Segundo apunta o voceiro do BNG de Vimianzo, Manolo Antelo, o saneamento e depuración das augas residuais son notorias no concello de Vimianzo. Por mor disto, vén de presentar unha moción no pleno para que se leven a cabo obras de saneamento e abastecemento de augas nas parroquias de Salto e Castrelo, aproveitando o Programa de Cooperación cos Concellos (PCC) que acaba de aprobar a Deputación da Coruña.

Nota de prensa do BNG de Vimianzo

Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Vimianzo:

Manuel Antelo Pazos, na súa calidade de Portavoz do Grupo Municipal do BNG, presenta para o seu debate e aprobación, se procede, na sesión do vindeiro Pleno da Corporación Municipal a seguinte moción para que se leven a cabo obras de saneamento e abastecemento de augas nas parroquias de Salto e Castrelo.

CONSIDERACIÓNS:

A Deputación provincial acaba de aprobar o Programa de Cooperación cos Concellos (PCC), para a realización de obras que teñan que ver co ciclo da auga (abastecemento, saneamento e depuración). É unha iniciativa moi ambiciosa para mellorar a calidade de vida do medio rural.

As bases do programa prevén que as obras que se executen deben ser completas, e con un custe mínimo de 100.000€. Tamén prevén que o prazo deste ano remate o 30 de setembro.

De acordo coas bases do programa ao concello de Vimianzo correspóndelle un total de 861.104,60€ (sumada a aportación municipal) para financiar as obras.

As necesidades de saneamento e depuración das augas residuais son notorias no concello de Vimianzo, nunhas parroquias máis que noutras. Tamén o abastecemento de auga municipal aínda non está estendido a algún dos núcleos rurais. Así, nas parroquias de Salto e Castrelo son unhas das obras que máis se precisan para a mellora da calidade de vida dos veciños destas parroquias.

Obxectivo

Aproveitar este programa da Deputación para acometer o saneamento dos núcleos principais das parroquias de Salto e Castrelo, así como o abastecemento de auga municipal a algún núcleo que carece dela, é un obxectivo desta moción.

Os grupos políticos municipais debemos aproveitar este programa para atender as demandas de obras de saneamento e depuración das augas residuais. En futuros programas da Deputación ou da Xunta de Galicia podemos dar continuidade a esta iniciativa para acadar o obxectivo de estender estes servizos a todas as parroquias do concello e á maioría dos núcleos rurais de Vimianzo.

É polo que sometemos a consideración do pleno a adopción do seguinte ACORDO:

O Pleno da Corporación acorda:

  • Presentar como iniciativa dentro do Programa de Cooperación cos Concellos (PCC) da Deputación da Coruña as obras de saneamento das augas residuais das parroquias de Salto e Castrelo, e de abastecemento de auga municipal aos núcleos rurais desta parroquias que carecen dela.
  • Instar aos técnicos municipais a elaborar os proxectos para acometer as obras de saneamento das augas residuais dos principais núcleos de poboación das parroquias de Salto e Castrelo, e de abastecemento de auga municipal aos núcleos rurais desta parroquias que carecen dela.
  • Iniciar todos os trámites previstos nas bases do Programa de Cooperación cos Concellos (PCC) da Deputación da Coruña, para poder presentar estes proxectos de obras na convocatoria de 2008, antes do 30 de setembro.

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com