Mércores, 19 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Berdeogas abriu as portas da Costa da Morte á UPD Terras de Galicia  Correo-e
jueves, 19 de junio do 2008

Berdeogas acollía onte, martes 18 de junio de 2008, a presentación do proxecto da Unidade de Promoción e Desenvolvemento "Terras de Galicia" na Costa da Morte , promovida pola Fundación Santa María a Real - Centro de Estudos do Románico. A UPD chega con gañas de crear emprego e pór en valor os seus bens a base de proxectos perdurables no tempo realizados pola propia fundación ou apoiados tecnicamente por ela. Todas as actuacións están enfocadas aos recursos que teñan que ver co seu patrimonio, a súa terra, a súa paisaxe, o seu mar, a súa historia e as súas xentes.

Image 

Nota de prensa da Fundación Santa María a Real - Centro de Estudos do Románico

A Unidade de Promoción e Desenvolvemento naceu coa intención de converterse nun instrumento básico e fundamental na dinamización, promoción e difusión do patrimonio cultural galego. O obxectivo principal que ten na Costa da Morte é facer unha procura de todos os recursos, especialmente aqueles que teñan que ver co seu patrimonio, a súa terra, a súa paisaxe, o seu mar, a súa historia e as súas xentes. O evento contou coa presenza do conselleiro de Traballo, D. Ricardo Varela (no centro da fotografía), o alcalde do Concello de Dumbría, D. José Manuel Pequeno Castro (á esquerda) e o director da UPD, Carlos Álvarez.

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, no transcurso da súa intervención, destacou que a UPD "Terras de Galicia" xurdiu como unha gran oportunidade para potenciar dúas zonas concretas, a Costa da Morte e a Ribeira Sacra, que polas súas particularidades desenvólvense máis amodo que outras: "Sabemos que a Costa da Morte ten un gran potencial económico, social, turístico... onde se pode crear emprego e pór en valor os seus bens e por iso pensamos que a experiencia que a que a Fundación Santa María a Real ten na posta en marcha de programas de escolas taller, talleres de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento vai contribuír á mellora desta contorna".

Tamén sinalou que a Fundación debe ser a encargada de crear unha entidade que non só poña en marcha proxectos se non que ademais, mire polo seu funcionamento e consolidación no futuro: "Creo que a UPD debe de ser un proxecto perdurable no tempo porque os seus obxectivos non son algo que se poidan conseguir dun día para outro pero para iso necesítase a implicación de todos os axentes, canto máis en conxunto trabállese, sobre todo coas administracións locais, mellores serán os resultados alcanzados".

Carlos Álvarez, director da UPD "Terras de Galicia", explicou de xeito máis detallado as orixes da Fundación, cales foron os motivos do seu nacemento e os proxectos que actualmente están desenvolvendo noutras partes de España. Resaltou o traballo que durante máis de 20 anos leva desenvolvendo a Fundación Santa María a Real no seu lugar de orixe, Aguilar de Campoo, un territorio que garda moitas similitudes coas zonas onde se está traballando en Galicia: baixo índice de poboación, sobre todo nas zonas rurais, unha actividade económica en retroceso, un escaso dinamismo social e un envellecemento da poboación debido á emigración dos mozos: "Démonos conta que o proxecto que levou a cabo a Fundación durante todo este tempo en Aguilar, tivo un gran éxito e por iso cremos que este modelo é aplicable en territorios de semellantes características a través de iniciativas que teñan como basee o patrimonio cultural, social e humano así como elementos para xerar desenvolvemento, algo que aquí se fará a través da UPD `Terras de Galicia´".

Estado dos traballos

Respecto ao traballo que a UPD "Terras de Galicia", está realizando na Costa da Morte o director da UPD, Carlos Álvarez, sinalou que consiste en analizar os puntos fortes e débiles, as ameazas e oportunidades de cada unha das liñas de actuación que poden desenvolverse nun futuro: "A nosa intención é coñecer a fondos todos os recursos para posteriormente expor proxectos de desenvolvemento sostible e perdurables no tempo. Tamén prestaremos apoio técnico a aquelas iniciativas que xa estean en marcha e requiran da nosa intervención. Para todo iso contamos cun equipo multidisciplinar formado por 15 persoas, todas elas cualificadas para o desenvolvemento e procura de novos proxectos e o asesoramento a aquelas entidades públicas ou privadas que queiran pór en marcha as súas iniciativas empresariais".

A UPD "Terras de Galicia", centrarase en 19 concellos da Costa da Morte: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Laxe, Ponteceso, Malpica de Bergantiños, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Muros, Carnota, Camariñas, Vimianzo, Zas, Mazaricos e Santa Corda. Nalgún deles, como é o caso de Muxía, xa comezaron a traballar conxuntamente na elaboración de proxectos. Tamén, iniciaron os labores de campo, facendo unha prospección e análise dos elementos arquitectónicos e naturais existentes susceptibles de ser postos en valor .

A FundaciónImage

A Fundación Santa María a Real, é unha entidade privada sen ánimo de lucro, situada na localidade palentina de Aguilar de Campoo, que ten como misión fundamental promover iniciativas de desenvolvemento sostible, baseadas na valorización do patrimonio, entendido no sentido máis amplo da palabra. Case 200 persoas traballan nos distintos proxectos que desenvolve a entidade fundada en 1994.

Máis información sobre Fundación Santa María a Real enwww.santamarialareal.org.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com