|
Os cativos de Ponteceso xa teñen preparada unha saída moi especial para este verán. A viaxe será o día 3 e 4 de xullo, e visitarán o parque temático "Warner" en Madrid. Sairase as 14:00h do xoves 3 de xullo e regresarase o 5 (de madrugada). Hai que apurar porque tan só hai 50 prazas dispoñibles. Todos/as que queirades participar nesta viaxe, poden apuntarse no Concello, Oficina de Información Xuvenil ou Oficina Municipal en Corme, antes do 27 de xuño. O prezo da actividade é de 100€ e inclúe: transporte, aloxamento, comidas e entrada no parque. Actividades estivais Baixo o título “este verán ... PONTE EN MARCHA”, a concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Ponteceso desenrolará unha serie de actividades para o verán, intentando abarcar a maior franxa de idade. Toda a información relativa ás mesmas podes atopala na web do Concello, www.ponteceso.net. Máis información tamén a tedes nas Oficinas do Concello, no Departamento de Deportes, 981 714 000; na Oficina de Información Xuvenil, Ó carón do centro médico, 981 714 622; ou na Oficina Municipal de Corme, Praza de Avintes, 981 738 428. Entre as actividades atopamos CAMPAMENTO DEPORTIVO COSTA BERGANTIÑÁ, con xogos de presentación, de animación, cooperativos; obradoiros de malabares, piragüismo, senderismo, etc... ademais de outras como: - CAMPUS DE FÚTBOL DE COSTA BERGANTIÑÁ;
 - CAMPAMENTO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA;
- CAMPUS DE FÚTBOL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA;
- CURSOS DE NATACIÓN;
- XOGOS PARA O VERÁN;
- SAÍDA DEPORTE de AVENTURA A GOLPE GOLF BALDAIO-CARBALLO
- SAÍDA AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA;
- LIGA MULTIDEPORTIVA INFANTIL;
- PONTE CORME;
- RUTA CICLOTURÍSTICA;
- DÍA DA BICI;
- TORNEO TENIS;
- TORNEO DE VOLEI PRAIA;
- NOITES DE CINE;
- VELADA CULTURAL EN CORME;
- FESTIVAL DE HABANERAS EN CORME;
- MARCHAS NOCTURNAS EN PONTECESO;
- MARCHAS NOCTURNAS EN CORME;
- RUTAS DE SENDEIRISMO;
- RISOTERAPIA;
- OBRADOIRO DE RADIO;
- OBRADOIROS DE ANIMACIÓN.
Fonte
|