Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

18 equipos xa reservaron praza para o maratón de Vimianzo  Correo-e
jueves, 19 de junio do 2008

O maratón de Fútbol 7 de Vimianzo vai collendo collendo. Xa temos unha chea de apuntados, e como sinala Óscar Santos, un dos organizadores da UD, este ano beñen de todas as esquinas da provincia: Bipelo (Cerqueda), Cervecería Norte (Laracha), Café Bar 129 (Carballo), Cafetería Toñito (Paiosaco), Restaurante Casa Elías (Buño), Anchoa de Fisterra (Fisterra), Hotel Arenal (Fisterra), Snack Bar (Camariñas), Queixas (Cerceda), Talleres Baña-Pazo Salón (Ponte do Porto), Bar Pastoriza (Cuns), San Xulián (Malpica), A Nosa Taberna (Santa Comba), Bar Etapas (A Coruña), A.A.Vilar (Zas), Distribuciones Barral (Vimianzo), Franja Cero Informática (Baiñas) e Ramisqido (Laracha) son os equipos que máis se apresuraron a anotarse no maratón vimiancés cando aínda quedan 7 días para pecharse o prazo que será o día 27 de xuño ás 21:30 antes de celebrarse o sorteo na Hamburguesería London en Vimianzo.

PremiosImage

Repartiranse 1.800€ en premios, dos cales 1.000 serán para o primeiro, 500 para o segundo, 200 para o terceiro, e 100 para o cuarto, ademais de trofeos para os catro primeiros, sempre e cando se conte cun mínimo de 24 equipos. Este ano como novidade haberá premios para os dezaseis primeiros clasificados, pois os perdedores en cuartos recibirán un xamón e os perdedores en oitavos levaranse un agasallo sorpresa.

Inscrición

A cota de inscrición é de 100€ e terá que ser pagada con anterioridade á realización do sorteo. O pago poderano facer o mesmo día do sorteo ou a través de transferencia bancaria ao número de conta: 0182-6787-51-0201512247 (BBVA), na cal deberán especificar o nome do equipo e un número de teléfono de contacto.

A inscrición pódese facer chamando ao 686605380 ou ben por correo electrónico na dirección: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com