|
O Noitebús crece e crece. Isto debe ser síntoma de que funciona. Pola bisbarra fumos vendo que de vagar, o uso deste servizo vai aumentando na bisbarra, pero sen escándalo. A mocidade estase acostumando a collelo cada venres e sábado, e olvidarse do coche por un segundo, por unha noite, ou por moitas. Así, en toda Galicia, nacen 22 novas, da man da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte. Xa son en total 116, e na bisbarra temos unhas 12. A liña de Baio-Zas-Santa Comba, xa a tiñamos nós coma operativa pero a consellería asegura que comeza a traballar agora. O concello que sae beneficiado é o de Cabana de Bergantiños, que contará cunha liña ata Ponteceso, punto clave da marcha xuvenil. As Rutas que estás pois en funcionamento son: - Baio-Zas-Santa Comba;
- Cabana-Ponteceso;
- Camariñas-Ponte do Porto-Traba-Laxe-Ponteceso;
- Muxía-Ponte do Porto-Vimianzo-Baio-Ponteceso;
- Malpica-Brantuas-Corme-Ponteceso-Buño-Carballo.
- Camariñas-Ponteceso;
- Ponte do Porto-Santa Comba;
- Cee-Santa Comba;
- Santa Comba-A Picota;
- Baio-Carballo;
- Muros-Carnota-Cee;
- Fisterra-Corcubión-Cee.
Os horarios e os seus períodos de prestación na páxina web(www.cptopt.xunta.es). Nota de prensa da CPPOPT POLÍTICA TERRITORIAL AUTORIZA OUTRAS VINTEDÚAS LIÑAS DE NOITEBÚS QUE ESTARÁN EN FUNCIONAMENTO NOS VINDEIROS MESES - Sumadas ás 94 rutas xa concedidas, en total haberá 116 rutas de Noitebús en toda Galicia.
- O prezo do billete será de 2 euros durante toda a noite e o calendario, horarios e paradas poden consultarse na web www.cptopt.xunta.es.
Santiago, 19 de xuño de 2008.- A Dirección Xeral de Transportes ven de autorizar outras vintedúas novas liñas Noitebús que funcionarán durante os vindeiros meses e que se engaden ás 94 xa autorizadas a semana pasada. Deste xeito, xa hai 116 liñas autorizadas en toda Galicia. En calquera caso, esta programación continúa aberta á incorporación de máis itinerarios a medida que a CPTOPT resolva todas as solicitudes presentadas polos concellos e empresas operadoras. As rutas autorizadas hoxe son as seguintes: - Provincia de Lugo: Escairón-Monforte de Lemos e Currelos-Escairón;
- Provincia de Ourense: Beariz-Boborás-Carballiño, As Laxas (O Irixo)-Piñor-Carballiño, Barbantes (Punxín)-O Carballiño e Ribadavia-Leiro-O Carballiño.
Dentro das 116 rutas autorizadas ata o de agora figuran itinerarios xa consolidados ao longo de todo o ano, outras que funcionana de forma estacionaria durante determinadas épocas do ano, rutas que se redefinen para axustalas á demanda e outras totalmente novas. Por esta razón, dende Política Territorial aconséllase que se consulten as distintas rutas, os seus horarios e os seus períodos de prestación na páxina web (www.cptopt.xunta.es), con independencia das accións de difusión ás que están obrigados os concellos e empresas que reciben as axudas da Consellería ao respecto. Como novidade nesta convocatoria, co fin de facilitar o acceso a esta información, Política Territorial deseñou un novo formato informativo que pode ser empregado como calendario de man e descargado a través da súa páxina web. O que non variará é o custo do billete que será, en todos os casos, de 2 euros, importe que dará dereito á utilización sen límite de veces do servizo ao longo dunha mesma xornada. Para acadar a consolidación deste servizo que se iniciou como experiencia piloto en 2006, a Consellería de Política Territorial habilitou este ano unha liña de axudas dotada con 4,2 millóns de euros (o triplo que en 2007) dirixida a concellos e empresas operadoras interesados en implantar servizos de transporte nocturno baixo a marca Noitebús ata xullo de 2009. Cómpre lembrar que o Noitebús é unha das medidas incluídas no Plan Galego de Seguridade Viaria 2006-2010 da Xunta de Galicia coordinado pola CPTOPT en co fin de atallar a siniestralidade nas estradas. Precisamente, dado que o verán é unha das épocas nas que se rexistran maiores desprazamentos nocturnos, Política Territorial fai un chamamento aos mozos a empregar o Noitebús como unha alternativa segura, cómoda e asequible respecto ao uso do vehículo privado, e, sobre todo, como unha medida que, singularmente, vai dirixida a mellorar a seguridade viaria dos máis novos e, por tanto, reducir a siniestralidade en desprazamentos realizados no tempo de lecer. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da CPTOPT.
|