Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Corcubión xa ten o local de ensaio firmado  Correo-e
jueves, 19 de junio do 2008

Image 

O pasado martes 17 de xuño de 2008, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, lograba facer un oco na súa axenda, e visitaba Corcubión, para asinar, da man do alcalde, Francisco Javier Lema Fuentes, o convenio de colaboración para a financiación do acondicionamento do local de ensaio e estudio de grabación, que finalmente situarase embaixo da Radio Neria.

O local estará totalmente equipado e contará cun estudo de gravación propi. Ademais, ao estar situado debnaixo da radio, a infraestrutura radiofónica tamén poderá ser usada e dende a radio seguro que promocionan con maior facilidade ao grupos que ensaien nel. Veremos como fornean os Baking Blues, por exemplo.

Vicepresidencia aportará pois 93.781 euros para as obras do local, que pasa a formar parte da Rede Galega de Locais de Ensaio que está a promover a Vicepresidencia. Finais deste 2008 pode ser unha data posible para a súa apertura.

Rede Galega de Locais de EnsaioImage

A Rede Galega de Locais de Ensaio conta xa con 15 locais que xa están abertos en toda Galicia e outro máis, o de Pontevedra está a piques de abrir as súas portas. Nestas infraestruturas a Vicepresidencia leva investido 1,3 millóns de euros. Ademais, ao longo do ano 2008 entrarán en funcionamento outros 17 locais, entre eles o de Cangas, cun investimento previsto de 1,4 millóns de euros, aos que hai que sumarlles outros 100.000 máis que corresponden a unha nova liña de axudas para o mantemento dos centros e mellora das súas instalacións e dotacións técnicas.

Deste xeito, a finais de ano haberá un total de 33 locais de ensaio cuxo investimento ascende a 2,7 millóns de euros. Deste xeito, segundo explicou o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, a Rede Galega de Locais de Ensaio vai superar xa este mesmo ano os obxectivos fixados para toda a lexislatura. A previsión que manexaba a Vicepresidencia pasaba por crear ao final deste período 30 centros e a previsión que manexa a Vicepresidencia é que xa a finais deste ano estarán funcionando 33. A dirección xeral de Xuventude pon en marcha esta Rede Galega de Locais de Ensaio cun dobre obxectivo: deseñar recursos, programas e equipamentos atractivos ás demandas da xuventude galega e traballar a canteira dos creadores emerxentes. Trátase, segundo sinalou Cela, de incorporar a mocidade galega ás industrias culturais do país, para facer da cultura un activo empresarial e económico de primeira orde.

Fonte

  • Diario de Bergantiños: Vicepresidencia inviste preto de 100.000 euros no acondicionamento e no equipamento do novo local de ensaio de Corcubión; da man de Manuel Sambade.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com