doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Escolma de festas e cousas para este penúltima fin de semana de xuño  Correo-e
viernes, 20 de junio do 2008

Blues no RodínImage

Hoxe venres, o agarimoso Bar Rodín de Cee acolle un espectáculo sen igual. Javi Turnes, Rafa Mississipi e os seus discípulos, alén doutros invitados, farán da noite unha homenaxe á música de raíces. Non o perdan, ás 23:00 horas, no Rodín, diante do concello de Cee. Na foto a Turnes e a Rafa na Radio Neria, ofrecendo un concertazo.

Festival no Centro Social de Cee

Hoxe venres, dende ás 20:15, comeza o festival de fin de curso do Centro Social de Cee. Tocarán os grupos "Mortos de fame" e "A voda de Esganarello", de Brens, que repatirán o sábado. O domingo haberá folk, coas pandereteiras de Cee e Corcubión, o grupo de música e baile do centro social ceense e a agrupación A Ponte Vella de Reis (Teo).

Cine de CormeImage

Como cada venres, ás 22:00, o taller da Asocciación de Veciños Eduardo Pondal poderemos ver un deses filmes de época que tanto nos gustan. Este xuño estamos con Gardel e hoxe poderemos ver Tango Bar, que Jonh Reindhart realizara en 1935. Laura Montalván acompaña ao artista.

Maxia en Corme

A Asociación Cultural Río Anllóns de Corme acollerá hoxe venres "Segredos dun meigo", do ilusionista Chrystyan Magic, con maxia e millerios de trucos.

Festas do Santo Hadrián en Malpica

O venres comezarán a troula da man da orquestra América S.L. Para o sábado xa teremos pasarrúas, sesión vermú con Trova, que repetirá na verbena acompañada de Trovadores. Xa o domingo a verbena correrá a cargo da orquestra Príncipes.

ConVdevalarésImage

O sábado pintan bastos en Ponteceso. A pequena e fermosa praia de Valarés acolle un festival de rock, pop e jazz moi singular. A 5ª edición deste convdevalarés traerá a grupos como os granadinos Niños Mutantes, os coruñeses Meu, os Jazz Sac Noir ou os The Cricket. Case nada ao aparato.

Máis información en convdevalares.com.

I Gran Festival de Baile Multiestilos en Corcubión

O sábado 21 de xuño haberá I Gran Festival de Baile Multiestilos. Terá lugar tamén no pavillón corcubiones, e durará mañá e tarde. Haberá exhibicións e clases de iniciación de Danza do Vientre, baile de salón, hip-hop ou capoeira. Xa pola noitiña, ás 20:00 a Casa da Cultura acollerá o Gran Festival Exhibición. A entrada é de balde.

III Xornadas de Pesca O Pindo 2008

A Confraria de Pescadores de O Pindo, Carnota, organiza por terceiro ano consecutivo unhas xornadas sobre pesca. Así, as III Xornadas de Pesca O Pindo 2008 desenvolveránse os vindeiros dias 20, 21 e 22 de xuño.

San Xoán en Olveira

A parroquia corcubionesa de Olveira organiza unha festa especial este sábado 21 por mor do San Xoán. Atísbase máxica.

 San Xoán 08 de FisterraImage

O venres comezan as actividades co gallo do San Xoán en Fisterra. O peirao convertirase na sala de festas do Xabarín a partir das 22:00 para deleite de pequenos, e dos non tanto que poderemso lembrar toda unha infancia feliz. Para o sábado 21, a partir das 24:00, a praia da Langosteira convertirase nunha rave. A III Festa da Xuventude, trae a discoteca móbil, que funcionará durante toda a noite e non faltará o chiringuito das hamburguesas e os refrescos.

Feira do PanImage

A I Feira do Pan de Ponteceso ten lugar este sábado 21. A Festa será o acto inaugural do que vai ser a nova Feira da Trabe, que engalalanará o concello durante todos os sábados dende o vindeiro. A festa está encadrada nas actividades paralelas que a Asociación de Empresarios de Ponteceso, xunto con membros dos tres grupos políticos, están a organizar. Os bares darán pinchos de balde.

Cea solidaria en Corme

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme propúxolle a Norte-Sur organizar unha cea o vindeiro sábado 21 de xuño, sábado. O presidente da organización, Francisco Pombo, como cormelán de nacemento, está moi satisfeito co apoio. O acto celebrarase no restaurante Miramar da localidade pontecesá. A intención e seguir promocionando a labor deste colectivo solidario.

Xacarandaina en CorcubiónImage

Dentro do progama Vai de Camiño da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo (Xunta de Galiza) terá lugar o 22 de xuño, ás 22:00h, no Pavillón Municipal de Deportes de Corcubión a representación a cargo de Xacarandaina da obra , espectáculo de música e baile tradicional, co que se pretende dignificar unha das rexións do país máis interesantes: a Costa da Morte. Neste espectáculo móstranse bailes, danzas, cancións, músicas, traxes e tradicións que conforman no seu conxunto un ciclo do ano nesta terra, abranxendo todos os seus aspectos na súas multiples manifestacións e ensinando a riqueza e variedade dunha cultura milenaria, con fondas raices, que índa pervive nas súas esencias.

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com