|
A Consellería de Medio Rural acaba de aprobar as axudas aos gandeiros de vacún de carne do país. 21.6 millóns de euros sumaranse aos máis de 10 que a consellería aprobara en abril, para reflotar un sector en problemas. Os pagos corresponden ás primas da campaña 2007, por vacas nutrices, ás primas por sacrificio e a dúas novas axudas postas en marcha en 2006: os pagamentos adicionais a vacas nutrices e á produción de carne de vacún de calidade. Axudas Na axuda por vacas nutrices, o importe unitario da prima base é de 186 euros/cabeza e de 22,46 euros/cabeza a prima complementaria, e desta axuda benefícianse 13.115 gandeiros en Galicia por un importe total (sumando o anticipo realizado en abril e o pago abonado agora) de 22.256.673 euros. Na axuda por sacrificio de vacún de 1 a 8 meses o importe unitario é de 46,50 euros/cabeza. No caso do sacrificio de animais de 8 ou máis meses o importe unitario é de 26,40 euros/cabeza. Destas axudas por sacrificio benefícianse 25.795 productores por un importe global de 4.593.238,2 euros. Nota de prensa de Medio Rural Medio Rural abona axuda aos gandeiros de vacún de carne por un importe de 21.6 millóns de euros. - Sumadas ao anticipo da prima de vacas nutrices pagado en abril, o total de axudas abonadas a este sector no que vai de ano ascende a 32,9 millóns de euros.
- Os pagos corresponden ás primas por vacas nutrices, ás primas por sacrificio e a dúas novas axudas postas en marcha en 2006: os pagamentos adicionais a vacas nutrices e á produción de carne de vacún de calidade.
Santiago, 22 de xuño de 2008.- A Consellaría do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), vén de ordenar un total de 60.900 pagos a produtores de gando vacún de carne por un importe global de 21.564.257 euros. Estes pagos corresponden ás primas por vacas nutrices e por sacrificio de gando vacún, así como a dúas novas axudas derivadas da reforma da PAC de 2003 (previstas no artigo 69 do Regulamento 1782/2003) que se comezaron a aplicar en 2006: o pago adicional a explotacións que manteñen vacas nutrices e o pago adicional á produción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente. Para os produtores con vacas nutrices este pago ven complementar o anticipo do 60% que xa percibiron os gandeiros o pasado mes de abril, por un importe global de 11.319.252 euros. Deste xeito, as axudas ao vacún de carne abonadas no presente ano (entre abril e xuño) ascenderon a un total de 32.883.510 euros. Todas estas axudas, correspondentes á campaña 2007, están ligadas á produción de gando vacún de carne e contribúen a mellorar a viabilidade e a estimular a permanencia das explotacións deste sector, que é básico en moitas áreas rurais galegas. O pagamento destas subvencións non se puido realizar con anterioridade, debido a que estaban pendentes de calcular os coeficientes de axuste a nivel de Estado. Unha vez coñecida a información das solicitudes de dereitos recibidas dos gandeiros de todas as Comunidades Autónomas para a campaña 2007, o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) fixou a cuantía unitaria e os coeficientes de axuste para as distintas primas, co fin de non superar nin o número máximo de animais establecido para o Estado español nin a dotación orzamentaria máxima establecida para cada tipo de prima. Na axuda por vacas nutrices, o importe unitario da prima base é de 186 euros/cabeza e de 22,46 euros/cabeza a prima complementaria, e desta axuda benefícianse 13.115 gandeiros en Galicia por un importe total (sumando o anticipo realizado en abril e o pago abonado agora) de 22.256.673 euros. Na axuda por sacrificio de vacún de 1 a 8 meses o importe unitario é de 46,50 euros/cabeza. No caso do sacrificio de animais de 8 ou máis meses o importe unitario é de 26,40 euros/cabeza. Destas axudas por sacrificio benefícianse 25.795 productores por un importe global de 4.593.238,2 euros. Do pago adicional a explotacións que manteñen vacas nutrices, para o que estaba establecido un importe máximo no Estado Español de 47.966.030 euros, benefícianse 18.761 gandeiros galegos por un total de 5.292.448,61 euros (o 11% do total estatal). A cuantía unitaria desta axuda ascende a 32,67 euros/cabeza para as primeiras 40 cabezas da explotación, 21,89 euros/cabeza para as cabezas da 41 á 70 e 10,78 euros/cabeza para as cabezas da 71 á 100. Para o pagamento adicional á produción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente existía unha dotación orzamentaria para todo o Estado de 7.000.000 euros na campaña 2007, e desta axuda beneficiáronse 3.229 gandeiros de Galicia por un importe de 741.150,0 euros (10,6% do total estatal). Trátase de gandeiros que sacrificaron os seus animais no marco dalgún sistema de calidade recoñecido oficialmente (Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega ou Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia fundamentalmente), recibindo unha prima unitaria de 13,27 euros/cabeza. Fonte - Nota de prensa da Consellería de Medio Rural.
|