doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

VIII Xira Náutica "Costa da Morte" 2008  Correo-e
domingo, 22 de junio do 2008

Os vindeiros días 18, 19 e 20 de xullo de 2008, a Costa da Morte ten unha cita ca mar. A oitava edición da Xira Náutica "Costa da Morte" sairá de Muxía e percorrerá toda a costa ata Muros, completando os percorrido do ano pasado, que saira de Malpica para rematar en Camariñas. O acto de inauguración xuntará a propios e estranos en Muxía, cunha festa popular con queimada incluida, que comezará a partir das 21:00 do mesmo día 18.

Non poderá ser moi longa a noite porque o día seguinte, ás 10:00 as embarcacións emprenderán a viaxe, que nesta primeira xornada, levaraos a Fisterra, cara as 15:00. Petiscos na lonxa e visita ao Castelo de San Carlos e ao Faro, e ás 19:00, Corcubión onde serán recibidos pola impresionante Festa Medieval.

Logo dunha noite longa (coa feira medieval é imposible que sexa curta), ás 10:00 do día 20 sairán cara Lira, cunha interesantísima visita ao proxecto "MardeLira". Logo da comida xa sairán de novo cara o seu destino final, Muros, e rematará así, unha viaxe moi especial para tripulantes e espectadores.

Inscricións

Calquera clase de embarcación que queira participar na xira swó ten que porse en conatcto coa asociación Neria, no número 981 706 028. O prazo de inscrición finaliza o 15 de xullo.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com