|

Esta semana quedamos por Corcubión de novo. Se cadra, ao estarmos por aquí, énos máis sinxelo atopar novas bitácoras desta zona sureña da Costa que de por aí arriba, pero non o facemos por gusto, facémolo por necesidade. Animávosvos sempre a que participedes, e que nos enviedes os vosos xeitos de comunicarvos. Así, se escribides, compartídeo con nós, que se non vos dimos coñecido, non podemos disfrutarvos nin compartivos. Así coñecimos a Chiru estes días, na terraciña do Pazo, na praza de Castelao de Corcubión. Tódolos días baixa a tomarlle algo e a ler o mentireiro, como lle di ela aos periódicos. A idade non é un impedimento para ela, e os taitantos semellan de adolescencia, a pesar do que diga ese nome de A mi segunda juventud. Escribe en castelán, que xa se sabe que Corcu es un poco como La Coru en pequeñito. I é que a vila de Corcubión está moi presente no seu discurso. Se queredes mirar Corcubión dende dentro, dende o pensamento intrínseco, dende a fractura e o enfrontamento social dos dous bandos, podedes botar un ollo pola bitácora, que cada post é un tesouro. Gracias Chiru, a seguir disfrutando de escribir, pero hai que durmir máis! Bitácoras anteriores Fonte
|