Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Editorial: Un pouco máis de ruído  Correo-e
domingo, 22 de junio do 2008

O pasado venres 13, no canto dunha noite de terror, Corcubión viviu unha noite de festa. A Asociación "Universidade Popular escola de Verao de Corcubión" organizaba a Festa Solidaria, como colofón a aquel mes de maio onde o concello, e parte do estranxeiro, viviu máis de preto problemas coma os de Palestina ou o Sáhara. A noite xa se albiscaba algo diferente, xa que no canto das clásicas orquestras, a prazoleta contaba con dúas bandas galegas, Aló Djangó e Os Chiquilicuatres, que nada teñen que agradecer ao señor Rodolfo.

O swing dos primeiros, nunha continua homenaxe ao guitarrista dos anos 20 Django Reindhart, e o folk en clave de festa dos segundos, alén da cerveza barata da organización, fixeron da prazoleta o mellor escenario para pasalo de medo. Pero non só para iso, porque os Chiquilicuatres viñan con gañas de compartir. Compartir o que se coce un pouco máis abaixo, en Ribeira, na Barbanza. I é que o movemento musical, por ende, social, que está a vivir a Barbanza é de estudio.Image

Sen ir máis lonxe, a vila onde nacen Os Chiquilicuatres, xerme e centro de probas da Compañía do Ruído, conta con case que 30 grupos de música xa asociados. Da man de Suso Bello, a Asociación Bastantes Llon, está a conseguir que o concello escoite a música. Un concello que se opuña á esa creación, a esa evolución musical tan especial que está vivindo a zona, e que está a despertar a unha morea de xente. Contra esta oposición, os artistas teñen a receita, "ruído". "Só existe ruido", o nome do primeiro EP da Compañía, aló polo 2003, convertiuse ademais no lema da asociación. Pero ruido de creación, ruído de actividades, ruído de festivais.

Con todo, non podemos falar de carencia de asociacións na nosa bisbarra. Xa saben, máis de 250 pendentes do que ocorra na creación do Grupo de Desenvolvemento Rural, no que, a pesar da filosofía inicial de dar a alternativa ao pobo, Neria e os alcaldes xa teñen tanto poder coma os veciños, e isto antes de empezar. Asociacións está claro que hai, pero semella que falta aí un aquel, un toque de loita, de rabia, nesta a nosa bisbarra á que moitos tildan de "dormilona". Dinos que nos montan un eólico na porta de casa, "écho que hai"; tráennos a celulosa, "pois se cadra trae postos de traballo". Tan só o plan acuícola conseguíu mobilizar aos veciños a modo de marea multicolor, pero hai moitas máis cousas polas que dende abaixo, dende a poboación, podemos facer. Tomemos exemplo das cousas que ocorren ao redor noso, aí ao lado, e que nos poden servir para ir mostrando o noso parecer e que as decisións políticas, as únicas que imperan na nosa bisbarra, conten coa nosa visión dos feitos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Columna redactada por Ubaldo Cerqueiro García, Redactor Xefe de Que pasa na Costa, para o semanario O Acontecer.
  • Pablo Javier Damonte Rodríguez: Flickr EL Sur se mueve.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com