|
Muxía afronta a terceira semana coidando dos sus maiores |
Correo-e
|
|
lunes, 23 de junio do 2008 |
|
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Muxía segue co seu interesantísimo curso “Iniciación ó Coidado de Persoas Maiores”, que está unha gran acollida entre a poboación muxiá. Xa levamos dúas semanas de charlas e cursos e os contidos seguen aparecendo. Estes son os contidos, ponentes e datas para esta semana do 23 ó 27 de xuño 08: - Luns 23: Módulo 18: Enfermidades Reumáticas e fibromialxia (dores crónicas) (2 horas); con Tereixa Castro e Dolores Bermudez (Presidenta Asociación Galega de Fibromialxia AGAFI). Esta será tamén unha charla coloquio, aberta a todo o mundo
- Martes 24: Módulo 19: A persoa maior en estado terminal (2 horas), con Leticia Hermida.
- Mércores 25: Módulo 20: Axitación, alucinacións e ideas delirantes. Deambulación: “as idas e voltas” (2 horas), con Leticia Hermida
- Venres 27: Módulo 22: O coidado do coidador (2 horas); con Soledad Agra.
Estas charlas terán lugar no Edificio de Servizos Múltiples (A Camposa) de 17:00 a 19:00. Presentación da Escola de Teatro A escola municipal de teatro de Muxía estreou a pasada fin de semana do 14 e 15 de xuño, a súa obra ¡A herdanza do tío Pedro!, un espectáculo que tivo como escenario o salón de actos do edificio de servizos múltiples. A afluencia de público así como os seus repetidos aplausos, convertiron as funcións nunha verdadeira "festa do teatro". Novas relacionadas
|