|
A Asociacion Cultural Integra, prpoporciona dende o 2004, unha chea de oportunidades para mozos de todo o país de cara a desenvolverse académica e profesionalmente en experiencias internacionais. Estas becas Leonardo da Vinci ofrecen novas oportunidades para realizar prácticas durante 3 ou 4 meses, en Italia ou Portugal, nos eidos do desenvolvemento sostible e da Euroeconomía. Convocatoria de 9 becas del Programa Leonardo Da Vinci Movilidad con plazo final el 27 de Junio de 2008 Integra en calidade de promotor do proxecto convoca 9 bolsas de 12 semanas de duración (Curso Lingüístico prácticas profesionais) para formación de mozos profesionais e/ou titulados recentes. As prácticas realizaranse nos sectores de turismo, medio ambiente, socioloxía, bioloxía, agronomía, economía, conservación do patrimonio e/ou sectores similares. Devanditas bolsas estarán distribuídas en Portugal (Viseu) e Italia (Vibo Valentia -Calabria). Convocatoria de 13 becas del Programa Leonardo Da Vinci Movilidad con plazo final el 27 de Junio de 2008 Integra en calidade de promotor do proxecto convoca 13 bolsas de 16 semanas de duración (Curso Lingüístico prácticas profesionais) para formación de mozos profesionais e/ou titulados recentes. As prácticas realizaranse nos sectores de publicidade, mercadotecnia, comunicación, relacións públicas, xornalismo, imaxe e son, deseño gráfico e web e/ou sectores similares. Devanditas bolsas estarán distribuídas en Portugal (Viseu) e Italia (Vibo Valentia -Calabria). Para descarregar a infomación completa podes pasar por Integra.org.es. Asociación Cultural Integra A Asociacion Cultural Integra naceu no ano 2004, da iniciativa de mozas que están interesados no ámbito da integración Europea, como unha estrutura de axuda e apoio á realización de prácticas profesionais, aprendizaxe de diversas linguas e a mellora do coñecemento do sistema laboral europeo. Este ano recibimos unha cofinanciación da Comisión Europea para o envío de mozos titulados e traballadores ao estranxeiro, co obxectivo de realizar unha formación profesional e transversal complementaria á que xa posúen e que facilite a súa posterior inserción no mercado de traballo. O programa Leonardo Dá Vinci Mobilidade cosiste nunha bolsa financiada pola Comisión Europea e xestionada por Integra como promotor, dividida en dous partes: formación lingüística no país de acollida e estudo dos perfís profesionais dos beneficiarios para a procura de empresas nas que realizarán un período de prácticas no estranxeiro. Para este ano 2008/2009, aprobáronnos un total de 5 proxectos de mobilidade europea, o que leva un total de 180 prazas para mozas da Coruña e o resto de Galicia. Fonte e máis información
|