 A crónica municipal de Carnota está algo convulsa. Dende o BNG apuntan signos de desidia por parte do goberno do PP no tocante ás infraestruturas do concello, mentres que as obras van chegando. Sen ir máis lonxe, xa están a punto de comezar as obras do paseo marítimo que unirá a zona de Portocubelo hasta Mar de Lira, mentres que o proxecto de recuperación do entorno do Faro de Lariño ten aínda que agardar, o mesmo que na recuperación da zona de Mallou-Maceiras. Unha das infraestruturas que está a dar de falar é o paseo marítimo do Pindo, que xa acumula unha morea de tempo en obras. Moitos veciños non están de todo contentos coa obra, e menos cando hai poucos atisbos de que remate en breve. Os hosteleiros quéixanse ademais da falta de aparcamento que haberá ao remate das obras, no entorno dunha praia, que cabe lembrar, é a zona de baño dunha chea de veciños de Cee e outros lugares cercanos. Actividades no Concello Mañá, martes 24, a partir das 12:00, o concello organiza un paseo cicloturístico que sairá da praza do concello e que pretende ser unha concetración de toda a familia, coa inclusión dos turistas que se atopen pola zona, i é que xa se sabe que polos países civilizados de poraíarriba a bicicleta é tan importante, ou máis, que o coche, e un turista non sae de viaxe sen a súa bici a ningunha parte. O día 27 deste xuño de 2008, o concello organiza tamén o “Día de Multiaventura”, adicado en especial aos nenos.Ttirolina, rocodromo rappel, ponte mono, escalas e xogos variados, serán as actividades que se poderán realizar, ao carón do campo de Lombáns, preto da Boca do Río. Fonte - Diario de Bergantiños, da man de Manuel Sambade, autor da fotografía.
|