doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Camelle celebrou as cacholas do San Xoán  Correo-e
lunes, 23 de junio do 2008

Image

Disque por Camelle continúan alérxicos ao rodaballo e o peixe que gustan é o de mar, non o de granxa. O pasado sábado, o pobo xuntábase para demostrar que é unha vila unida, unida para o bo, pero tamén para o malo, e se levan xa moitos meses en loita para que a piscifactoría non sexa unha negra (se cadra verde) realidade, o San Xoán volveunos xuntar para pasar unha das noites máis especiais do ano.

A asociación de veciños "A Pergoliña" organizou unha sardiñada e un concurso de cacholas, que tivo que ser adiantada para que todo a xente, moita emigrada pola xeografía do estado, poidera acodir. Pasárono de medo e reivindircaron que o que comen é sardiña, nada de peixe plano. Así nolo conta a nosa compañeira Silvia Baña, que ademais nos envía estas preciosas fotos das impresionantes cacholas (que nome tan bonito lle teñen en Camelle) construidas polos veciños, entre as que vemos o homenaxe a Man, con esa caseta reprodución exacta da súa morada que montaron os do Treo. Gracias Silvia e gracias Camelle:

O San Xoán de Silvia BañaImage

O pasado sábado 21 de xuño festábase o San Xoán en Camelle e a pesares de que houbo quen pensou que se facia rodaballo a plancha nada de iso, somos alérxicos. Como moitos de nós somos camelláns de fin de semana pois adiantamos un pouquiño a celebración para pasalo no noso pobo. A asociación de veciños "A Pergoliña" organizou unha sardiñada e un concurso de cacholas (nome das fogueiras camellán), un karaoke e fogos artificiais.

Os rapaces levaron toda a semana preparando as cacholas con trastos que recolleron polas casas, o gañador foi David -o inventor- que fixo unha con forma de volcán con iluminación e todo e onde se queimou o cura de Camelle e a Marisol Soneira. O karaoke non se puido facer por problemas técnicos pero o fallo foi subsanado pola actuación estelar do grupo kilombero de samba de camelle e por dous humoristas espontáneos pero habituais: Lolo do Rato e Fernando do Reseso (este último meu pai) que teñen retranca para dar e tomar, con baile de capoeira acompanando o kilombo. Tamén podedes ver nas fotos a homenaxe que lle fixo a asociación a Manfred, unha réplica exacta da súa caseta, impresionante (obra dos do Trenco).

Fonte

  • Silvia Baña.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com