|
IV Maratón de Fútbol 7 de Zas |
Correo-e
|
|
martes, 24 de junio do 2008 |
|
Se esta fin de semana media Costa futbolera irá a Vimianzo, para os días 5 e 6 de xullo tamén haberá cita. A comisión de Festas de Loroño, Zas, organiza a 4ª edición do maratón de fútbol 7, que terá lugar no campo municipal de herba sintética de San Andrés de Zas. A inscrición custa 100 euros, pero é que os premios non son ningunha tontería: 1.500 para o 1º clasificado, 500 para o 2º, 300 para o 3º e 150 para o 4º. De aí ao 8º posto, alo menos levarán un bono de 20 copas de balde, a tomar nos establecimentos Pub Seis30, Kmandulas, La Bamba e a Cervecería A Boa Estrella. Hai que apuntarse antes do día 4 de xullo, cando se realizará o sorteo, ás 21:30 no propio campo. Podenchamar ao 629 807 928 ou ao 660 402 931. Tamén poden buscar máis información en osdezas.com. Novas relacionadas Máis información Fonte - Nota de prensa da comisión de festas de Loroño, Zas.
|