Martes, 06 de xaneiro do 2009
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Medio Rural organiza cursos de formación para a prevención de incendios  Correo-e
martes, 24 de junio do 2008

Estes días estanse a desenvolver os primeiros Cursos de Formación dirixidos ao persoal do operativo de prevención e loita contra incendios. Estes cursos que a Consellaría do Medio Rural está a impartir non chegan así e todo a todo o mundo e os de por aquí, pouco saben deles, polo de agora. En principio, os cursiños están destinados aos fixos ou aos fixos-discontinuos, pero haberánde chegar a todos os traballadores (uns 4.000) ao longo destas semanas. Trátase de cursiños importantes para o desenvolvemento dunha actividade perigosa, que moitas veces os efectivos asumen sen ter o coñecemento suficiente do perigo ao que se enfrontan.

Deste xeito, dende o 12 de xuño estanse celebrando os cursos obrigatorios dirixidos ao persoal contratado para a campaña de verán, unha formación que, desde o ano 2006, asume directamente a Consellaría de Medio Rural e que vai dirixida á totalidade do colectivo de traballadores e traballadoras temporais. Serán un total de 100 cursos, que terán lugar até mediados de xullo, e que atenderán unhas 3.000 persoas, dende peóns e peóns condutores até vixiantes, xefes de cuadrilla, emisoristas, operadores codificadores e condutores de autobombas e de tractores forestais.

O que semella claro, e iso sábeno ben dende a Consellería, que a formación, educación e sensibilización tanto do persoal do dispositivo como da sociedade en xeral “é unha estratexia fundamental para reducir o número e as consecuencias dos incendios e, ao mesmo tempo, conseguirmos entre todos un espazo forestal valorizado, ordenado e produtivo”.

Incertidume perante o comezo da campañaImage

Outro feito salientable é que a falta de menos dunha semana para comezaren a traballar, a maioría dos membros do corpo temporal non saben cando se incorporarán aos seus postos. Todo isto, a 24 de xuño, cando medio monte podería estar xa ardendo.

Falamos con Medio Rural para que nos contase como ían estar distribuidas as brigadas no Distrito V, o que encadra a maioría dos concellos da Costa da Morte, pero a resposta foi negativa. O ano pasado dimos información abertamente e mira o que pasou; desta volta imos ter máis coidado. Aí está a resposta que non existe.

Mañá daremos un repaso ás voltas que hai na rede sobre o paso das contratacións da Xunta á empresa semipública SEAGA, cambio co que moita xente non está para nada dacordo.

Nota de prensa de Medio Rural

MEDIO RURAL PRIORIZA A FORMACIÓN DO PERSOAL DO DISPOSITIVO DE LOITA CONTRA INCENDIOS COA REALIZACIÓN DUN TOTAL DE 165 CURSOS

  • Cun orzamento que rolda os 400.000 euros, os cursos van dirixidos tanto á formación continua dos traballadores fixos e fixos-descontinuos da Consellaría como á formación obrigatoria do persoal de reforzo contratado para a actual campaña.
  • Dende o 12 de xuño e até mediados de xullo, desenvólvese a formación obrigatoria en seguridade, prevención de riscos laborais e comportamento ante o lume dos efectivos seleccionados para traballar este verán.

Santiago, 20 de xuño de 2008. A formación e a profesionalización do persoal é unha estratexia esencial na loita contra o lume e na prevención de riscos laborais dos traballadores de defensa contra incendios. Así se entende na Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza, que incorpora de forma definitiva as accións de formación do persoal implicado no operativo de prevención e extinción dentro do PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galiza). E así o recolle a Consellaría do Medio Rural que, este ano por segunda vez desde a entrada en vigor da lei, desenvolve dito plan de formación dende a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación, en colaboración coa sociedade pública SEAGA e a Dirección Xeral de Montes, e cun orzamento de 400.000 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo. Suman máis de 3.000 horas de formación, distribuídas nun total de 165 cursos ofertados a aproximadamente 4.000 persoas integrantes do dispositivo.

Dende o 12 de xuño estanse celebrando os cursos obrigatorios dirixidos ao persoal contratado para a campaña de verán, unha formación que, desde o ano 2006, asume directamente a Consellaría de Medio Rural e que vai dirixida á totalidade do colectivo de traballadores e traballadoras temporais. Serán un total de 100 cursos, que terán lugar até mediados de xullo, e que atenderán unhas 3.000 persoas, dende peóns e peóns condutores até vixiantes, xefes de cuadrilla, emisoristas, operadores codificadores e condutores de autobombas e de tractores forestais. Toda aquela persoa que se incorpore por primeira vez ao dispositivo de loita contra os incendios deberá realizar de inmediato este curso no que, ao longo de 20 horas de duración, será formado en seguridade laboral, comportamento do lume e sistemas de ataque e defensa. Para aqueles que xa en anteriores exercicios formasen parte do dispositivo, organízanse este ano por primeira vez diversos cursos de reciclaxe en seguridade no traballo.

Co fin de aproximar as actividades de formación obrigatoria aos distritos forestais, estas estanse a desenvolver en once centros espallados por todo o País, coordinados polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte. Ademais deste, tamén participan na formación os restantes centros dependentes de Medio Rural, sitos nas localidades de Becerreá, Guísamo, Sergude, Lourizán e Ribadeo así como os Institutos de Ensino Secundario (IES), dependentes da Consellaría de Educación, de Arzúa, Castro de Rei, Mondoñedo, Xinzo de Limia, Ponteareas e Tomiño nos que se imparte formación profesional reglada en materia agroforestal. En total, nestes cursos participan máis de 130 profesores e coordinadores para impartir as clases teórico-prácticas.

Prácticas con lume realImage

Por outra parte, os xefes de brigada están a realizar, durante a segunda quincena de xuño, un curso de formación complementaria especializada baseado en prácticas con lume real. Celébranse quince edicións de oito horas, no Centro de Formación de Cegalicia&Manford en Salvaterra do Miño, cun máximo de 20 alumnos por edición.

Mediante a simulación de lumes en condicións controladas, os asistentes poden afondar na súa evolución e comportamento, e nos métodos de extinción e a súa aplicación práctica, e teñen oportunidade de familiarizarse cos materiais e medios máis usados dentro do sistema de extinción de Medio Rural. Os alumnos poden visualizar, deste xeito, os efecto da pendente, do tipo de combustible, do vento e da topografía nun lume forestal, ou as repercusións e riscos da rotura do equilibrio térmico nun incendio. Tamén realizan prácticas de coordinación de comunicacións e medios, e de montaxe e manexo das liñas de auga, e afondan nas medidas de seguridade precisas durante a actuación con medios terrestres e aéreos na loita contra os incendios.

Así mesmo, as persoas que vaian traballar en brigadas helitransportadas tamén deben realizar un curso específico, que corre a cargo da Dirección Xeral de Montes, e que se celebrará nas bases aéreas de Toén (o 20 e o 21 de xuño), Lomba (25 e 26 de xuño), Portomarín (1 e 2 de xullo) e Campiño (3 e 4 de xullo).

Formación continua do persoal da Dirección Xeral de Montes

Ao longo de todo ano, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte, teñen lugar os cursos de formación continua dirixidos ao persoal funcionario e laboral fixo e fixo-descontinuo do dispositivo para a prevención e defensa contra incendios. Neste caso, as actividades teñen unha duración comprendida entre 40 e 60 horas de formación. A oferta, ampliada notablemente este ano 2008, resposta ás demandas formativas realizadas o ano anterior polos traballadores.

As principais novidades pasan por formación específica sobre as pecularidades e os riscos do manexo de maquinaria pesada e outros vehículos (autobomba, tractores e todoterreo) utilizados nas tarefas de extinción, e sobre a utilización de diversas aplicacións informáticas necesarias para os traballos do dispositivo. Este ano celébrase, por primeira vez, o curso avanzado en investigación de causas dos incendios forestais, que lle dá continuidade ao de iniciación que se impartiu por primeira vez o ano anterior.

Así mesmo, en 2008, os cursos incorporan unha especial atención ás actividades de prevención e recuperación de zonas queimadas. O programa inclúe actividades formativas sobre aproveitamento de biomasa; a silvicultura; os traballos con motoserra e desbrozadora; e o potencial dos recursos turísticos e das producións complementarias do monte como elementos preventivos. Canto ás actuacións necesarias tras os lumes, o plan de formación inclúe accións sobre aproveitamentos forestais despois dos incendios; botánica forestal, dasometría e inventario forestal e a súa aplicación en áreas queimadas; actuacións ante pragas e enfermidades nos montes afectados por incendios; repoboacións forestais; sensibilización medioambiental e recuperación de áreas queimadas.

O programa integra, ademais, diversas actividades ligadas á formación especializada en diferentes ámbitos da loita directa contra os lumes: cursos de especialización en extinción e prevención de incendios forestais; dirección de extinción; coordinación dos incendios forestais nos centros que teñen tal fin; formación para encargados de equipo; manexo das comunicacións; técnicas de extinción; elaboración de partes de incendios, valoración de perdas e redacción de informes sobre lumes forestais; lexislación forestal; formador de formadores en cursos de incendios; primeiros auxilios e adestramento diario das unidades operativas contra incendios e, por último, ergonomía, nutrición, precaucións, movementos e orientación dos desprazamentos sobre terreo forestal do persoal que participa na extinción.

A Consellaría considera que a formación, educación e sensibilización tanto do persoal do dispositivo como da sociedade en xeral “é unha estratexia fundamental para reducir o número e as consecuencias dos incendios e, ao mesmo tempo, conseguirmos entre todos un espazo forestal valorizado, ordenado e produtivo”.

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Rural.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com