|
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, aseguraba onte, luns 23 de xuño de 2008, que a empresa Ferroaltlántica terá que facer fronte a unha boa multa polo delito ecolóxico no caso da matanza de milleiros de peixes no encoro da Fervenza en novembro do ano pasado. A empresa de Villar Mir, concesionaria do aproveitamento hidrolóxico do río Xallas (4 encoros e 9 minicentrais) e do control do encoro da Fervenza, terá que facer fronte, probablemente, a unha multa de 600.000 euros, mentres que o proceso xudicial segue a depurar responsabilidades. A causa chega tras a saída pública dun expediente sancionador da Xunta, da que a empresa Ferroatlántica xa ten coñecimento, e perante a cal terá 15 días para presentar alegacións. As declaracións do conselleiro son claras: "Cando se infrinxe unha normativa e conséguese un beneficio por iso, ponse unha sanción igual ou superior a devandito beneficio, o que demostra que traballamos con transparencia e claridade". Ademais, Vázquez sinala que o proceso administrativo é perfectamente compatible co xudicial. De feito, o xudicial seguirá evolucionando, paseniño coma todo no pequeno Xulgado de Corcubión, e os 2 altos cargos de Ferroatlántica e os dous de Augas de Galicia procesados, aínda poden ser sancionados. Fonte
|