doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Unha discusión de tráfico en Ponteceso remata en detención  Correo-e
martes, 24 de junio do 2008

Un mozo de 18 anos foi detido tras ser acusado de agredir, tras unha discusión de tráfico, a outro home. O suceso ocorría en Ponteceso, e o home que sufríu a agresión perdeu un par de dentes e ten varias contusións.

Nota de prensa da Garda Civil

Detidas dúas persoas por supostos delitos de lesións

Ponteceso/Boiro/ Axentes da Garda Civil detiveron onte a dúas persoas como supostas autoras de senllos delitos de lesións causadas en agresión.

Así, e segundo consta nas dilixencias instruídas polo Instituto Armado, a Garda Civil de Ponteceso detivo a un mozo de 18 anos de idade acusado de agredir, tras unha discusión de tráfico, a outro home. Como consecuencia da agresión, a vítima perdeu dous dentes e sufriu diferentes contusións.

De igual xeito, a Garda Civil de Boiro detivo ao mediodía tamén de onte a un home de 23 anos de idade como suposto autor da agresión rexistrada a madrugada do sábado pasado no interior dun establecemento público boirense e na que o agredido precisou de doce puntos de sutura na cabeza.

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete de Comunicación da Garda Civil.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com