|
O concello de Laxe artella un verán cheo de actividades. Mañá repasaremos as deportivas pero hoxe imos dar un repaso dos eventos culturais que terán lugar ao longo deste verán do 2008. Agárdannos moitos eventos na rúa como o que vemos na imaxe, a un Fredito meténdose ao público laxense no peto. Que risas máis lindas arríncanos este simpático actor. Teatro na rúa Todos os xoves haberá actuacións de teatro de rúa maxia, títeres... para toda a familia. Praza de Ramón Juega, ás 20:00 h. Cine ao aire libre Os venres 4,11 e 18 de xullo e o 22 e 29 de agosto, poderemos desfrutar do mellor cine ao aire libre. Clásica na Rúa Os venres 12 de xullo e 1 de agosto, haberá concertos de Música Clásica con proxeccións na Praza dos Voluntarios ás 22:30 h. Exposición de Pintura Do 19 de xullo ao 19 de agosto, no Salón Parroquial, expoñen os traballos os alumnos de Pintura da Asociación de Minusválidos O Peñón. Certame de poesía Co motivo de promover a figura do poeta Antón Zapata García, convocase o II Certame de Poesía no que poden participar todos os veciños e veciñas. O resultado darase a coñecer o xoves 24 de xullo no Solpor Poético na Praia dos Cristais. Mes a mes Xullo 2008 - Venres 4: Cinema de Verán. Bee Movie. Nas Antigas Escolas Infantís, 23:00h.
- Xoves 10: Dinamo Teatro. Os contos de caxoto. Na Praza de Ramón Juega, ás 20:00h.
- Venres 11: Cinema de Verán. Mortadelo y Filemón. Misión: Salvar la tierra. Centro Social de Traba, ás 22:00h.
- Sábado 12: Concerto Cuarteto Ephimere. Praza dos Voluntarios ás 22:30 h.
- Xoves 17: Trécola Teatro de Títeres. Praza de Ramón Juega, ás 20:00h.
- Venres 18: Cinema de Verán. Bee Movie. Centro Social de Soesto, ás 22:00h.
- Domingo 20: Certame Canción Mariñeira. Praza de Ramón Juega, ás 18:00h.
- Xoves 24: Solpor Poético. Praia dos Cristais, 21:00h.
- Sábado 26: Traba Folk, a partir das 21:00h en Traba de Laxe.
- Xoves 31: Roi, O Cagabolas. Malabarista. Praza de Ramón Juega, ás 20:00h.
Agosto - Venres 1: Cine Mudo con música en directo, Praza dos Voluntarios ás 22:30h.
- Xoves 7: Excursión ao Festiclown. Santiago de Compostela de 10:00 á 20:00h.
- Venres 8: AtalaJAZZ, a partir das 22:00 h, no Paseo Marítimo de Laxe.
- Domingo 10: Día da Gaita. Praza de Ramón Juega, ás 18:00 h.
- Mércores 13: Lagarta, Lagarta. “Aeroplanos”. Salón de Actos, ás 21:00 h.
- Venres 15: Pasarrúas dende a Pza. de Ramón Juega á Pza. dos Voluntarios. 22:30h.
- Xoves 21: Caramuxo Teatro. Monicreques. Praza de Ramón Juega, ás 20:00h.
- Venres 22: Cinema de Verán. Mortadelo y Filemón. Misión: Salvar la tierra. Antigas Escolas Infantís, 22:00h.
- Xoves 21: Illiria, Illiría. Novo Circo. Antigas Escolas Infantís, 20:00h.
- Venres 29: Cinema de Verán. Bee Movie. Centro Social de Aprazadoiro, ás 22:00h.
- Sábado 30: San & San. “Bar”. Teatro. Antigas Escolas Infantís, 22:00h.
Servizos Culturais abertos en xullo e agosto - Biblioteca Pública Municipal “Antón Zapata García”. Aberta de luns a venres 10-14 horas.
- Axencia de Lectura de Traba. Martes e xoves 10-12 horas.
- Axencia de Lectura da Torre. Luns, Mércores e Venres 10-12 horas.
- Ludopraia: Do 16 de xullo ao 22 de agosto. De luns a venres de 15 a 19 horas e sábados e domingos de 12 a 14 e 16 a 19h. (Inscricións: a semana anterior na Ludopraia. Colaboran: Banda de Gaitas Maruxía, Asociación de Minusválidos O Peñón).
Haberá Obradoiros os días: - Mércores 16 de xullo: Paos de Chuvia; - Mércores 30 de xullo: Serpes de cortiza; - Mércores 13 de agosto: Bonecos de refugallo; - Mércores 20 de agosto: Cadros de area; Fonte e máis información
|