doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

A final da Copa da Costa máis mediática de tódolos tempos  Correo-e
miércoles, 25 de junio do 2008

Se o partido da selección foi vista por 3 de cada 4 persoas que vían a televisión, o mesmo domingo se fixeran o share da bisbarra seguro que tamén estoupaba. I é que a ida da Final da Copa da Costa 2008, que se disputaba en Cee, foi retransmitida en directo en todos os formatos.

A primeira retransmisión on-line foi todo un éxito. Os membros da Peña deportivista Os Piratas de Muxía retransmitían en directo mediante a súa páxina web, que é moito máis que un blogue e que merece un recoñecemento enorme, cun bo seguimento. Unhas 400 persoas seguiron o evento por esta vía, e ao longo do día máis de 800 visitaron a páxina. Todo un éxito do que tomamos nota no noso diario e felicitamos grandemente aos coidadores da páxina, que sabemos que dá traballo de... , que rima e todo.

Radios e periódicos

Pero é que só faltaba unha televisión local que disque hai que montar xa. Que La Voz de Galicia, que se o Depor Sport, que se o Diario de Bergantiños... unha chea de periódicos estaban presentes no Novo Raíces de Cee atentos a cada detalle. Pero máis atentos, se cabe, estaban os da radio. Dúas radios cubriron o evento e dúas repetirán o domingo. A radio convencional da Radio Nordés, contou cun Fran Hermida ben arropado por varios colaboradores, e parecía unha retransmisión co mesmo Manolo Lama.

Pero tamén había unha radio local. A Radio Neria acodía da man de Xabi González, con Adrián Leira nos controis dende Corcubión. Carabanda e Nito, o adestrador do Pereiriña, acompañaron a Xabi a pé de campo e comentaron o partido con pelos e sinais. Esta fin de semana repetirán dende Ponteceso, no que xa hai resevada unha mesiña para que a retransmisión sexa completa.

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com