Xoves, 28 de agosto do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Xa chega o San Pedro de Corcubión  Correo-e
miércoles, 25 de junio do 2008

Xa está aquí de novo a festa de San Pedro da Redonda, en Corcubión. Unha festo moi especial para toda a xente da vila, que sobe ao campo de San Pedro a comer en familia nun auténtico día de romería e troula. Pero como non podía ser doutro xeito, tamén hai malos rollos arredor da festa.Image

Entre as actividades da festa podemos ver que o sábado 28 xa comezasn as historias. De seguro que haberá xente dende ben cediño pola mañá comendo e bebendo pero non será ata a tardiña cando empecen os eventos oficiais. Será cunha Gran Sardiñada no campo de San Pedro, por suposto, a partir das 20:00. O gran día é propio San Pedro, o domingo 29 de xuño. Ás 12:00 haberá unha misa solemne e pasarrúas, para dar paso á sesión vermú, que correrá da man da orquestra Trova. Pola tarde, un grupo de gaitas percorrerá o campo entretendo aos presentes, e xa pola noite disfrutaremos da Gran Verbena con América S.L. e Trova.

O luns tamén hai troula. Ás 12:00 misa e pasarrúas, ao mediodía S.V. con Costamar e pola noite verbena coas orquestras Satélites e Costamar.

SPS?

Contábamos o luns como en Camelle celebraran o sábado 21 o San Xoán, non sendo por gusto senón por necesidade e por gañas de disfrutar da festa. Como nos contaba Silvia Baña, son moitos os camelláns de fin de semana, polo que a festa trasladouse ao sábado, cando os emigrados poden acodir a festa, que para iso están as festas, para acodir e disfrutar.

Nese sentido argállase dende hai 5 ou 6 anos unha festa de fin de semana. O que xa lle chaman pola vila SPS (San Pedro Sábado) dá que falar, para ben e para mal, porque xa sabemos que neste concello de menos de 2.000 habitantes (estes días o que escribe aumentou a listaxe), ou estás dun lado ou estás doutro, e ademais, ambos lados teñen que estar enfrontados. Pois aquí pasa o mesmo, e se hai un grupo que organiza un San Pedro na fin de semana para xuntarse cos seus amigos, o grupo contrario oponse con insultos e candados, mantendo a honorable tradición de facelas cousas ao seu tempo, que por suposto, é máis que lóxico e loable. Pero non pode haber un certo entendemento nunca?

Agardando que non chova, e en sabendo que a todo o mundo lle gustaría poder disfrutar do San Pedro o día propio, aparquemos as diferencias para este ano, que a cousa chega de fin de semana para todos, e fagamos do San Pedro a festa de todos, como o que é.

Fonte

  • Redacción.
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com