doMngo, 12 de outubro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Por un carril bici que una Cee e Corcubión  Correo-e
miércoles, 25 de junio do 2008

Estes días líamos unha entrevista na Voz, na que Jesús Garea Rodríguez, o concelleiro de Cultura e Deportes de Cee deixaba varias declaracións interesantes. O motivo da entrevista era o "Día da Bicicleta", que se celebrará este domingo 29 de xuño, e que organiza o propio grupo Voz, coa colaboración de Centro Comercial Finis Terrae, Asociación Retorno e C-Bike, alén do propio concello. A actividade é unha das máis populares ano tras ano, entre a programación estival do concello de Cee.

Garea apuntou que o percorrido do Día da Bici subirá ata o miradoiro de Ameixenda, logo de partir do centro comercial cara ás 11:00, e onde haberá algo para picar e para recuperar forzas. A volta será polo interior da bonita aldea de Ameixenda no que serán un total de 10 quilómetros ata a Alameda.

O concelleiro fala de bici como sinónimo de deporte, pero a bicicleta vén sendo xa un vehículo máis: máis limpo, máis económico, máis cómodo. Garea aseguraba que é unha pena que cando se fixeron os paseos non se uniron o de Cee e o de Corcubión, sería un bo percorrido, mais a unión de Cee e Corcubión podería ser un estupendo método de unir ambas vilas e favorecer que moita xente (que a hai, e ben disposta) poida ir dunha á outra sen a necesidade de coller o coche e sen xogarse a vida pola estrada.

Porque os que imos de Corcubión a Cee e viceversa (e eu xa teño cruzado a 4 ou 5 veciños alomenos que cada día acoden ao seu traballo en bicicleta, e cada día somos máis), sendo un traxecto do máis cómodo (non hai unha soa costa arriba), un xógase a vida en cada momento. Non só fan falta carrís bici na bisbarra, senón un pouco de conciencia entre os condutores sería imprescindible para ir acostumándonos a utilizar o medio máis sostible que existe.

Aberto os prazos da piscina

A Piscina Municipal de Cee ten aberto o prazo para apuntarse ós cursos de natación infantil os meses de xullo e agosto. Os cursos serán 1, 2 ou 3 dias de luns a venres e terán unha duración de 45 minutos.

Os luns, mércores e venres o horario será de 11:00 h a 11:45 o primeiro turno e de 11:45h a 12:30h o segundo turno e os martes e xoves o primeiro turno será de 10:45h a 11:30h e o segundo de 11:30h a 12:15 h. Toda persona interesada deberá pasar pola Piscina Municipal de Cee ou ben chamando ós teléfonos 981 747 973 ou 671 090 294.

Grellada do Unión Club Cee

Este sábado 28 de xuño ás 1.00 h. na chaira do antigo .E.S.Agra de Raíces de Cee, o Unión Club Cee organizará unha grellada-churrascada para todos os socios, afeccionados e simpatizantes.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com