|
Onte, martes 24 de xuño de 2008, veíamos como a Xunta anunciaba que porá unha multa á Ferroatlántica polo delito ecolóxico no caso da Fervenza, que ocorría o pasado 10 de novembro de 2007. Ao tempo que continúa o proceso xudicial contra dous altos cargos de Augas e outros dous de Ferroatlántica, a empresa de Villar Mir terá que pagar 600.000 euros. As reaccións xa se fixeron chegar, sendo a primeira a do grupo ecoloxista da Ponte do Porto, PX, que da man de Rafael Lema, nos enviaba esta nota de apoio á consellería de Medio Ambiente pola actuación. Nota de prensa do PX PX FELICITA A CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE POLA ACTUACIÓN NO DESASTRE DA FERVENZA O grupo ecoloxista PX ante o anuncio de que a Consellería de Medio Ambiente impón a empresa Ferroatlántica 600.000 euros de sanción por propiciar o desastre ecolóxico no encoro de A Fervenza sobre o río Xallas o 10 de novembro pasado, quere felicitar a consellería por esta actuación e por ser dilixente na búsqueda de responsabilidades e na formalización e tramitación do expediente sancionador. O 10 de novembro Ferroatlántica valdeiraba case por completo o encoro para seguir producindo electricidade e beneficios malia a importante seca que sufría a comarca e o Xallas, e así apareceron miles de peixes mortos flotando ó pé da presa, ademáis doutros danos ecolóxicos. PX denunciou ante Medio Ambiente e a UE este delicto e o expediente a nivel europeo aínda está en fase de instrucción e petición de informes as autoridades galegas e españolas. PX estima que a actuación de Medio Ambiente supón un aviso para as grandes empresas para que non se sintan amparadas polos seus posibles beneficios económicos e laborais a comunidade a hora de agredir o medio natural. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do PX, da man de Rafael Lema.
|