|
Comentabamos onte un pouco como está o asunto das brigadas antiincendios polo país e pola bisbarra. O mundo dos traballadores está algo convulso ante a falta de información e ante os cambios na estrutura das brigadas. O asunto máis convulso é o cambio no proceso de contratación, pero o cambio é grande: pasamos dunha contratación senporsen pública, a estar controlada por un ente semi-público, malia o nome, como é a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA.S.A). Mañá, 26 de xuño de 2008, está convocada polas Organizacións Sindicais máis representativas na Xunta de Galiza, CCOO, CIG e UGT, unha manifestación en San Caetano ás 11:00 para protestar pola Defensa da función pública, berrando ben forte NON ÁS PRIVATIZACIÓNS E ÓS CHIRINGUITOS. Aí están, por exemplo, os traballadores de a pé do PLADIGA, Plan de Defensa contra Incendios de Galiza, que levan loitando dende a súa web e dende as manifestacións, co gallo de defender e reivindicar os seus dereitos dentro deste servizo e evitar a privatización do mesmo. A cousa está difícil e dos 4.000 ou 5.000 (non hai datos concretos aínda, o ano pasado foron 6.000) contratados este verán para a loita contraincendios, tan só uns 500 serán contratados pola Xunta. O resto pasa a ser competencia da SEAGA, empresa montada pola Consellería de Medio Rural, da que xa hai xente que dubida da súa trasparencia. Non poidemos facernos cos datos de contratación de cada concello, xa que dende o Medio Rural consideran que o ano pasado foi un erro dar toda a información. Consideran que dar o número de brigadistas por cada concello é como darlle un sinal aos pirómanos, e intentarán dar as menos pistas posibles para que non se saiba onde vai haber máis control. Comezando de vagar e sen aprender dos erros Polo de pronto, o único que está claro, valga a paradoxa, é que o comezo da campaña e todavía “incerto”, se ben se indica que o persoal contratado pola xunta (emisoristas etc) non comezarán ata o 1 de xullo. Os traballadores da zona aínda non teñen constancia de nada, e se cadra, o venres reciben unha chamada e o luns están traballando, que é o que seguramente pasará. Prevención? Menos mal que este verán está chegando mollado e que ata o de agora non houbo demasiados problemas pero o que non facemos é aprender nos nosos erros. Os traballos de limpeza dos montes deberían comezar cando menos, en abril, para que á chegada do sol e do calor, os montes estén preparados para non arder. Pero aquí, comezamos en pleno verán, en xullo, que xa nin en xuño, a traballar na limpeza. Onde está a prevención? Traballando na casa Un dos puntos no que querían facer fincapé é no feito de que cada brigadista traballe no monte que coñece. Aforraríase moito se os traballadores fosen lugareños. isto é, que o que se apunta dende Ponteceso, que non traballe en Vimianzo, e que o que sexa de Zas non teña que ir á brigada de Cee. Na Costa Na nosa bisbarra conflúen 2 distritos: O Distrito Forestal V, que encadra á comarca de Fisterra (concellos de Cee como centro de operacións, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía), a da Terra de Soneira (concellos de Camariñas, Vimianzo como centro e Zas) e a Demarcación de Xallas - Muros (concellos de Carnota que terá o centro no local de Protección Civil, Mazaricos, Muros e Santa Comba). Polo norte atopamos o Distrito Forestal II, que engloba dende Bergantiños ata as Mariñas Coruñesas, no que están os 4 concellos da nosa bisbarra, Cabana de Bergantiños, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Protestas do Pladiga A vida do foro dos Pladiga é ben movido. Hai reivindicacións de toda clase e podedes pasar para ver un pouco como está o ambiente. Primeiramente dende foro pregúntanse polo comezo dos traballos. Uns traballos que aínda non comezaron, mentres que o que si comezaron foron os lumes e o chiringuito sen funcionar, como lle din por aí. Tamén hai dúbidas sobre as probas físicas. Os traballadores este ano tiveron que realizar 2 probas. E iso os que son máis coidadosos, e os que se decataron que este ano, pola Xunta, vai haber pouco traballo. Así, tiveron que pasar as dúas, pero se SEAGA é unha empresa pública, como sinala o seu nome, por que non valen as probas da Xunta para a contratación polo SEAGA?. En total pola Xunta serán contratados 470 PERSOAS EN TODA GALICIA!!. Dende o foro denuncian así: Acábase así co relevo xeracional dos traballadores do servizo público, e iníciase a morte lenta pero segura dun servizo no que 1600 traballadores de plantilla, e ata 5500 na época de máximo risco. Podemos falar das condicions económicas en Seaga, que varían un pouco, á baixa, claro como todo proceso de privatización, das da Xunta. As bases de cotización, e o paro polo tanto, son unhas das protestas máis significativas. Novas relacionadas Fonte
|